O PSOE de Rianxo denuncia falta de transparencia e respecto no último pleno extraordinario. (Vídeo)

por 21 Noticias

O Grupo Municipal Socialista de Rianxo solicitou a celebración dun pleno extraordinario para aclarar cuestións fundamentais que afectan o desenvolvemento e benestar da cidadanía. Na orde do día, incluíronse puntos críticos como o estado de execución das obras municipais, a implantación do servizo de atención temperá, o estado do centro de día, o desenvolvemento do chan industrial, e a transparencia na xestión das contas municipais, incluíndo contratos e facturas. Con todo, o alcalde mostrou unha falta de vontade para abordar estas cuestións, convertendo o pleno nun exercicio de opacidade e obstaculización do debate.

En particular, respecto á implantación do servizo de atención temperá, o alcalde negou o seu inicio, desmentindo a evidencia proporcionada polas propias familias e as publicacións informativas do goberno municipal en setembro. Este tipo de desinformación afecta á transparencia, xera confusión e debilita a confianza na xestión pública.

O PSOE tamén denunciou a falta de transparencia do grupo de Goberno nas contas municipais, cuestionando a opacidade na xestión de contratos e facturas e o limitado acceso á información sobre a execución de obras e servizos, dificultando así un control efectivo e unha adecuada rendición de contas á veciñanza.

Ademais, durante o pleno, o alcalde negou ao Grupo Municipal Socialista o dereito a réplica, vulnerando un acordo escrito previo no que se garantía un espazo de intervención a cada grupo, o cal supón unha clara falta de respecto aos dereitos democráticos e aos acordos plenarios, co agravante que no pleno anterior, donde o presidente foi o Tenente Alcalde Julio Alcalde, este acordó si se permiteu, e os socialistas puidemos darlle réplica as cuestión plantexadas, o que que pon de manifestó que é a conducta do Alcade Julian Bustelo, o que dificulta a función Municipal dos diferentes grupos.

Os socialistas expresaron en devandito pleno que “é unha vergonza” a situación proposta polo Alcalde Julián Bustelo, donde expresaba ademáis que os socialistas xa dispoíamos de toda a información, cando temos cuestión sin resposta dende xullo de 2024.

Así mesmo, os socialistas invitan a BNG e PP de Rianxo a que manifesten tamén esta cuestión relativa a oposición e que non queden pasivos ante a vulneración dos dereitos democráticos que lles afecta tamén a eles.

Ante esta situación de opacidade, o PSOE de Rianxo decidiu presentar unha moción para instar o grupo de goberno a iniciar, nun prazo máximo de 15 días, os contactos necesarios para a redacción dun Regulamento Orgánico Municipal. Este regulamento permitirá definir de maneira precisa os dereitos e obrigacións dos grupos municipais, buscando así evitar novas vulneracións á representación democrática. Así mesmo, os socialistas xa enviamos unha proposta de reunión aos grupos da oposición para acordar as liñas de traballo iniciais deste regulamento.

Por un Rianxo transparente e democrático, o PSOE comprométese a traballar para asegurar unha xestión pública clara e accesible para toda a cidadanía.

Pleno extraordinario

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario