Cándido Méndez presenta mañá en Santiago o seu libro “Por una nueva conciencia social”

por Redacción Galicia

Tamén recibirá o Premio Luís Tilve 2024 ao traballo digno

O que fora secretario xeral de UGT, Cándido Méndez, presenta mañá en Santiago, xunto coa xornalista de La Voz de Galicia, Sofía Vázquez, e o secretario xeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez, no salón de actos do edificio Cersia (Rúa Alcalde Raimundo López, Santiago), a partir das 10.30 horas o seu libro “Por una nueva conciencia social” nun acto organizado por UGT-Galicia.

De seguido, tras esta presentación, ás 12.00 horas, a Fundación Luís Tilve entregaralle, da man do presidente da Fundación, José Benito Núñez, e do secretario xeral de UGT-Galicia a Cándido Méndez o Premio Luís Tilve 2024 ao Traballo Digno pola súa recoñecida traxectoria, pola súa labor incansable na defensa dos dereitos das traballadoras e traballadores e pola súa loita na procura, precisamente, da dignificación do traballo.

No acto estarán, entre outros, o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González; o secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro; e a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario