O vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, falou da necesidade de “preservar o territorio con todo o que implica o concepto, o patrimonio e a tradición” e da búsqueda “dun perfil que valora, por riba de todo, a calidade e a identidade”.
A segunda xornada de Degusta A Coruña comezou hoxe en Herbón, cunha visita ás tradicionais pesqueiras do río Ulla na que os asistentes ao congreso itinerante promovido pola área de turismo da Deputación da Coruña puideron coñecer de primeira man o ciclo de vida da lamprea, dende como vive e se reproduce ata onde se pesca.
O gardarríos do Ulla, José Manuel Freire, e Eduardo Blanco, propietario dunha pesqueira, compartiron a súa experiencia e coñecemento sobre a lamprea e o seu hábitat no Ulla: as artes de pesca tradicionais, o percorrido da lamprea ao longo do río e os métodos de captura que manteñen viva unha actividade centenaria. A actividade permitiu aos participantes descubrir en profundidade tanto os aspectos biolóxicos como culturais que rodean á lamprea, ofrecendo unha experiencia única e de grande valor patrimonial.
O congreso continuou a súa actividade e recalou no Pazo de Goiáns, no municipio de Boiro, cunha mesa redonda baixo o título “Os grandes descoñecidos: viños da IXP Barbanza e Iria, e Rías Baixas subzona Ribeira do Ulla”. A sesión contou cun panel de expertos do sector vitivinícola, entre os que se atopaban David Rial de Cazapitas, Paco Crusat de Adega Entre Os Ríos, Manolo Bandín de Bodegas Castellum Augusti, Nieves Millán de Bodega María Manuela e Juanjo Figueroa Treus de Agasu que participou como na xornada de onte como mestre de cerimonias.
A actividade emitiuse por streaming, permitindo a un público máis amplo descubrir a calidade e singularidade destes viños que, a pesar da súa excelencia, son aínda pouco coñecidos. Os expertos compartiron a súa visión sobre os desafíos e oportunidades destes viños autóctonos, poñendo en valor o seu papel no mercado.
O vicepresidente, Xosé Regueira, salientou que “todo o que se dixo nesta xornada está perfectamente alineado coa nosa campaña ‘A provincia que sabe’: falouse de saberes, sabores, historia, tradición e territorio. Tamén de futuro e sustentabilidade”. Regueira destacou unha frase que se mencionou durante a mesa redonda: “ten que vir xente que valora a calidade”. Ese é “o principal eixo da nosa estratexia turística”, explicou. “Para que coman territorio, identidade, produtos que non van poder atopar en ningunha outra parte do mundo”.
Regueira respaldou, ademais, a reflexión sobre “a necesidade de preservar o medio e o patrimonio e de protexer a nosa identidade”, e puxo en valor a cadea agroalimentaria e o territorio. “Estamos nunha terra con produtos, produtores e cociñeiros de moita calidade, e temos tamén unha paisaxe que lle da valor a todo isto”.
O Pazo de Goiáns e a súa conexión co mundo do viño
A xornada rematou cunha visita polas inmediacións do Pazo de Goiáns onde os asistentes tiveron a oportunidade de coñecer de preto a historia e o legado deste espazo histórico. Nunha visita guiada exploraron os seus lagares e descubriron o seu vínculo con mundo do viño, destacando a súa tradición vitivinícola.
Para xantar, celebrouse no pazo un cóctel maridaxe con produtos de proximidade e viños das IXP Barbzanza e Iria e Rías Baixas subzona Ribeira do Ulla. A nota gastronómica puxérona os cociñeiros Luis Alijón dee Nojira; José Sergade de La Muradana e Alberto Carou do Curral do Marqués..
Programa de mañá: Xeodestinos da Coruña e Costa da Morte
O congreso Degusta A Coruña continúa o seu percorrido celebrando unha xornada especial centrada nos xeodestinos da Coruña e a Costa da Morte. O evento terá lugar no Museo Muncyt de A Coruña e emitiranse en streaming todas as actividades da mañá, abertas ao público con acceso libre previa inscrición presencial ou en liña.
A programación da mañá inclúe os seguintes actos:
•10:00h – 10:30h | ‘Amas da Terra’: Relatorio e proxección
A chef Lucía Freitas, recoñecida con 1 estrela Michelín no seu restaurante A Tafona, inaugurará a xornada cun relatorio onde reflexionará sobre o vínculo coas raíces culinarias e o valor da terra.
10:30 HORAS FOTO DE FAMILIA DE RELATORES PARA MEDIOS DE COMUNICACIÓN
•10:30h – 11:00h | O Márketing de influencia no mundo da gastronomía:
Neste panel, influencers e expertos gastronómicos compartirán como o márketing de influencia transforma o sector. Contará coa participación de Jorge Guitián (@jorgeguitian), Anna Mayer (@panepanna), Lola Crespo (@lolaframbuesa), Martina Vicente (La Alacena Roja). Modera Luisa López (López Casanegra Comunicación).
•11:00h – 11:30h | Dieta atlántica e calidade de vida
A mesa abordará os beneficios da Dieta Atlántica na saúde e o benestar, con Mikel Zeberio (Basque Culinary Center), Ángel Varela (divulgador da dieta atlántica), Moncho Méndez (restaurante Millo) e José Antonio Santiso Miramontes (Asociación Mariñas Betanzos Reserva da Biosfera).
•12:00h – 12:30h | O Futuro da hostalaría: formación reglada de calidade
Reflexión sobre o futuro da formación en hostalaría e a importancia da calidade formativa, con Beatriz Sotelo (CIFP Paseo das Pontes), Pablo Márquez (Madrid Culinary Campus), John Regefalk (Basque Culinary Center) e Eduardo Caridad (Escola de Hostalaría Álvaro Cunqueiro).
•12:30h – 12:45h | Caso de éxito: Inditex e o proxecto Galia Km 0
Eduardo Sanjurjo de Kibus analizará o impacto do proxecto de Inditex en colaboración con Galia Km 0, destacando as sinerxías locais e a aposta pola sustentabilidade.
•12:45h – 13:15h | Grandes marcas coruñesa
Empresas coruñesas emblemáticas presentarán as súas experiencias e visións sobre a industria alimentaria local. Participarán Ramón de Meer (Hijos de Rivera), Sara Torreiro (Xanceda), Sandra Suárez (Maruxas de Nata).Modera Ana Caruncho (Avante).
Pola tarde, as actividades trasladaranse ao Náutico de Razo en Carballo, cun programa exclusivo para profesionais, que incluirá unha cociña a seis mans a cargo de Iván Domínguez (Nado), Lolo Mosteiro e Paula Martínez (A Artesa da Moza Crecha). A xornada concluirá cun faladoiro titulado «A Provincia que Sabe» e un relatorio de clausura a cargo de Xosé Regueira, da Deputación da Coruña.