Pontevedra preparase para recibir o mellor do ciclocross do continente

por Jorge García

Este domingo 3 de novembro dispútanse as probas junior, sub-23 e elite tanto masculino como feminino na Illa das Esculturas. A pelexa das seleccións estatais por proclamar aos novos Campións de Europa terá un escenario espectacular cun circuíto que xa acollerá o venres as probas máster e o sábado o Team Relay.

185 ciclistas de 19 países participarán nas diferentes probas. Os seis títulos en xogo convocan á gran maioría de actuais campións do continente, buscando revalidar a súa camisola, así como aos mellores aspirantes coa ilusión de vestirse de Campións de Europa.Na carreira elite masculina, espérase un novo capítulo do desafío entre os corredores belgas e holandeses. As dúas seleccións aliñaránna saída varios dos seus referentes, con mención especial ao español Felipe Orts que buscará o podio nun gran arranque da temporada. O equipo belga, ademais do vixente Campión de Europa Michael Vanthourenhout (tamén primeiro en 2022) contará cos ex campións De europa Toon Aerts (2016) e Eli Iserbyt (2020), así como cos mozosThibau Nys (fillo do mítico campión de CX, Sven Nys) e NielsVandeputte. Lars van der Haar, gañador do primeiro título europeoelite en 2015 e campión de Europa en 2021, será o encargado de lideraro equipo holandés, no que tamén estarán Ryan Kamp e Pim Ronhaar.

A vixente campioa do mundo Fem van Empel (Países Baixos) e as súascompatriotas Lucinda Brand e Ceylin del Carmen Alvarado serán asestrelas da carreira feminina, xunto con Denise Betsema e AnnemarieWorst, así como a belga Sanne Cant, a francesa Hélène Clauzel e aitaliana Sara Casasola. A española Lucía González pelexará por ungran resultado nesta competición.

En sub-23, Jente Michiels (Bélxica), Marie Schreiber (Luxemburgo),Célia Grey (Francia) e Kristýna Zemanová (Chequia) serán asreferencias. Os galegos Miguel Rodríguez e Tomás Pombo serán asreferencias españolas. Para a proba feminina, Laura Mira e a galegaAroa Otero pelexarán polo título.Entre os protagonistas previstos nas probas júnior figuran KryštofBažant (Chequia), os belgas Arthur Van Dean Boer, Mats Vanden Eynde,Giel Lejeune e o austriaco Valentin Hofer. En canto á representaciónespañola, os galegos Néstor Frías e Raúl Puelles estarán entre osparticipantes. A moza Anja Grossmann (Suíza) é a favorita encategoría junior feminina, pero terá a unha rival de moitísimo nivelcomo é a galega Lorena Patiño.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario