Al meu país la pluja no sap ploure: o plou poc o plou massa; si plou poc és la sequera, si plou massa és un desastre. Qui portarà la pluja a escola? Qui li dirà com s’ha de ploure? Al meu país la pluja no sap ploure (Raimon).
A nota de enriba é do cantautor valenciano Raimon, que nesa xeira xa advertía que á choiva, nese seu País Valencìà non había quen que puidera levala á escola para lle aprender como tiña que “chorar”. Porque aquel país mediterráneo ten unha moi complexa relación coa choiva. As hoxe chamadas DANAS foron sempre fenómenos metereolóxicos comúns naquel país. Ben é verdade que o quecemento da auga do Mediterráneo agravouse substancialmente nos últimos anos, mais este fenómeno propio da fin do verán ou de primeiros do outono pertence á historia social e económica daquelas terras. Malia esta constante histórica, na bisbarra da Horta Sud, arestora integrante da área urbana da Ciutat de Valéncia e até hai menos de corenta anos un territorio rural, encheron as canles hidrolóxicas, os camiños da auga que busca o mar cunha chea de construcións habitacionais e produtivas, como se a auga non tivese lembranza de seu.
Malia o devandito, a neglixencia do Govern da Generalitat valenciana non ten xustificación ningunha. Ás 9.06 am da terza, 29-Ou, recibiron da axencia metereolóxica estatal (AEMET) o aviso de alerta vermella e perigo “extremo” a respecto dunha DANA que xeraba un inmediato risco de enchentes no interior do país con grave risco de infraestruturas viarias e edificios e, xa que logo, da vida e seguridade de ducias de milleiros de persoas, nomeadamente neses “cauces y ramblas” que constitúen o conduto natural da auga valenciana até o mar. Diante deste perigo a Universitat de València, no acaído uso da súa autonomía suspendeu na mesma mañá todas as actividades docentes e as demais que esixiran presenza nos seus diferentes campus, Mais o president Mazón non suspendeu a súa axenda oficial, partillou nas RRSS ás 12.00 que a DANA dirixíase cara “Cuenca” e non activou as alertas dos móbiles até despois das 19.45, cando milleiros de persoas loitaban pola súa vida no interior de sotos, baixos e vehículos. Velaí o acerto do titular do xornal parisino Liberation: “os mortos evitábeis”.
A gravidade destes feitos acada cotas aínda máis altas se advertimos como i) nos Orzamentos autonómicos deste 204 a maioría parlamentaria valenciana PP-Vox suprimiu o financiamento da Agència Valenciana de Emergències, incrementando no seu canto o financiamento das touradas, ii) nos días seguintes, dende a cuarta, 30-Ou até este domingo, 3-N, non se adoptaron medidas eficaces para restablecer a subministración de luz, auga potábel e alimentos, así como para desatoar os amoreamentos de lixo e vehículos que impiden o tránsito de persoas, mercaderías e, xa que logo, de axuda e iii) non se artellou a axuda do voluntariado de xeito que fose eficaz ao longo de toda esta longa ponte festiva.
Non é discutíbel a competencia da Generalitat valenciana nesta catástrofe, circunscrita nomeadamente ao seu territorio, agás a luctuosa excepción de Letur (Castela A Mancha) que, por si propia, non xustifica legalmente un Mando Único estatal. Así e todo, o Goberno valenciano dende o mércores 30 ao mediodía dirixe todas as forzas, medios e recursos ( mesmo ás estatais, malia que os militares e corpos de seguranza estatal son coordinados a medio dos seus mandos orgánicos). A responsabilidade é súa. Nestes primeiros cinco días non foron quen de aproximar mesmo nin un número de mortos, como antes non foron quen de identificar os lugares onde aínda era posíbel rescatar persoas vivas.
Malia este apuntamento xurídico, o certo é que o Goberno do Estado amosou tamén unha evidente falla de reacción diante desta catástrofe humana, cando, sen revogar o Mando autonómico, conta con ministr@s, delegada do goberno e persoeiros a moreas para amosar a súa dispoñibilidade e transmitir a información coa que conta.
Velaí que estes cinco días (30-Ou ao 3-N) fixeran enxergar, á cidadanía valenciana e ao mundo todo, que o Estado español semella incompetente diante desta caste de emerxencias, malia o seu nível de PIB, esforzo fiscal e desenvolvemento tecnolóxico. Velaí a grande atención internacional do incidente deste domingo en Paiporta, que afectou nomeadamente ao Xefe do Estado. Semella que a Casa Real pensou que era boa idea visitar a zona cero, sen se decatar que pasaron xa cinco días da DANA e que a súa viaxe consumía recursos materiais e oportunidades para o acceso das axudas diversas ao pobo moi necesarios arestora para finalidades máis urxentes. Difícil, senón imposíbel, lembrar reaccións parellas fronte outros Monarcas na historia contemporánea europea.
O único fenómeno digno de aprobación é a autoorganización da cidadanía, comezando polas poboacións e (cómpre recoñecelo) alcaldes/desas e concelleir@s das vilas e aldeas afectadas. Autoorganización das comunidades na que organizacións políticas até 2023 no Govern e no Ajuntament de València, como Compromis, están a amosar a súa experiencia na xestión e no coñecemento do país e do territorio.
É difícil decidirmos se cómpre que os actuais responsábeis enfronten o traballo pendente (como ven de argumentar con bos criterios Antón Losada) ou esixir a remuda na Generalitat que reclama a oposición de Compromis. Diante de pegadas racionais de eventuais delictos de imprudencia ou neglixencia con resultado de morte non é desaquelado tampouco pedir medidas para que os raposos non teñan conta das pitas.
Sr.Perez-Lema ,es fácil buscar culpables y encontralos pero comprenderá que sin regular los puestos claves de dirección con poder absoluto (dependiente exclusivamente del Secretario de Estado)que pueda movilizar los medios de los distintos Ministerios directamente sin pedirlo a nadie ,podríamos responsabilizar a alguno por sus actos.Será imposible manejar una emergencia del modo mejor( utilizando a ese «Mando único») que decidirá quienes son sus Asesores y sobre la marcha puede cambiar el Plan operativo, al evaluar inicialmente establecerá el orden de prioridades,ejecutará las acciones programadas y comprobando resultados introducirá las correciones a las que las condiciones meteorológicas o hidrológicas obliguen.Los Planes de Contingencias por Inundaciones existentes en todo el Pais adolecen de lo mismo,son extensos sin regular a las personas que lo dirigen y lo correcto es que fuesen elaborados con gran verticalidad ,pocos componentes y dotados de plenos poderes de actuación.Con independencia del tipo de alerta (Meteorológica o hidrológica),en la actualidad al actuar tras comenzar el desastre (no antes) ,por no existir ese mando único que ostentaría un experto de reconocido prestigio y contrastado (no ·»puesto a dedo» ,como pasa siempre),estaríamos hablando de otra cosa y no veríamos criminales por ninguna parte.Alejar al poder político de estos temas ,desconocedores de los procedimientos y que se dedican a deprestigiar al rival para tumbarlo y ocupar su lugar provocan el desconcierto general y logran su objetivo a costa de masacrar a la ciudadanía en general.