O PP ve un insulto que a alcaldesa de Lugo compare a reivindicación veciñal do abastecemento para Esperante coa petición de facer un Aeroporto

por Redacción Lugo

Estas declaracións de Paula Alvarellos tiveron lugar durante o debate da iniciativa que PSOE e BNG votaron en contra para ampliar e mellorar o convenio de saneamento en Esperante incluíndo o servizo de abastecemento.

Para os populares é unha tomadura de pelo e unha ocorrencia que a  alcaldesa equipare a petición dos veciños desta parroquia coa construción dun aeroporto. A voceira popular pediu máis respecto por un servizo básico duns cidadáns que pagan os seus impostos e que carecen del.

PSOE e BNG tamén votaron en contra de acondicionar o aparcadoiro do Campo de fútbol das Gándaras un espazo que se emprega como aparcamento e que está nun estado deplorable. Socialistas e nacionalistas levan anos enganándo á veciñanza sobre a titulariedade deses terreos e cando a verdade aflorou non pudieron negar a realidade e víronse obrigados a facer a xestión com Ministerio de Defensa para poder usar este espazo.

Socialistas e nacionalista tamén tumbaron a creación dunha Oficina de Mediación Municipal para solucionar conflitos de xeito áxil e sen ter que recorrer aos xulgados. Este tipo de servizos funcionan noutros concellos de España para arranxar disputas tanto entre particulares, como entre cidadáns e a administración local.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario