O PP visita as instalacións de Altri en Portugal para coñecer o seu modelo e a implantación no territorio

por Redacción Lugo

Os deputados do Grupo Provincial Popular participan nunha visita ás instalacións de Altri en Portugal tralo convite realizado pola empresa a todos os deputados da corporación provincial, así como a representantes doutras asociacións e entidades representativas da sociedade lucense, para coñecer as instalacións desta empresa en Portugal e o modelo empresarial que teñen en marcha no país veciño.

O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, explica que esta visita ten como fin “comprobar de primeira man en que consiste o traballo que quere desenvolver esta empresa en Galicia”. “No PP mantemos o mesmo pensamento dende o primeiro minuto: se unha iniciativa empresarial, a que sexa, cumpre con toda a normativa vixente e obtén todos os permisos necesarios para iniciar a súa actividade, hai que permitir o seu asentamento e, senón cumpre, non se instalará”, explicou.

Antonio Ameijide recorda que tanto a lexislación europea, como a española e a galega son “moi restritivas” polo que se calquera iniciativa cumpre, hai que permitir o seu asentamento, sobre todo en provincias como a de Lugo, onde as oportunidades laborais para os mozos cada vez son máis escasas polo que “temos que traballar para que calquera persoa que queira iniciar o seu proxecto de vida en Lugo poida facelo”.

Os deputados populares ven como “un exercicio de responsabilidade” aceptar este convite para coñecer de primeira man o funcionamento desta empresa, así como ter a oportunidade de falar coas autoridades portuguesas para coñecer a convivencia da empresa no día a día do país con veciños, empresarios, asociacións ou co entorno.

Antonio Ameijide vería “axeitado e necesario” que tanto socialistas como nacionalistas “acepten” esta invitación para coñecer o funcionamento da empresa e “así ter unha opinión máis formada”. “Descoñezo se van a acudir ou non, pero senón van será unha irresponsabilidade”, apuntou.

Neste senso, o voceiro popular indica que ao BNG “o único que lle interesa e remover e crear conflitos onde non os hai, sobre todo porque durante a campaña electoral das autonómicas defenderon este mesmo proxecto”.

E no que atinxe ao PSOE “non sabemos que camiño tomarán, se o marcado polo presidente da Deputación de Lugo que afirmou que se a empresa cumpre coa legalidade hai que permitir o seu asentamento, ou o do líder autonómico, José Ramón Gómez Besteiro, que dixo publicamente que non se lle concederían fondos europeos a este proxecto”.

Antonio Ameijide recorda que xa se realizaron máis invitacións deste tipo e, por exemplo, os alcaldes e membros das corporacións dos concellos do entorno no que se asentaría Altri e “as impresións coas que regresaron, segundo nos comentaron, foron positivas”.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario