Elena Candia. “Os resultados de 13 anos de promesas do goberno local para rehabilitar os barrios da Milagrosa e Feijóo son: 7 anuncios e 0 realidades”

por 21 Noticias

Elena Candia avanzou que unha das propostas que o Grupo Popular presentará para os orzamentos de 2025, atendendo ás recomendacións do informe do interventor da Conta Xeral, é unha partida orzamentaria suficiente para que EVISLUSA impulse un plan piloto de rehabilitación que permita fixar población e consolidar servizos na Milagrosa

CERO REALIDADES E CERO EUROS

• A voceira popular resumía en cifras a falta de dilixencia do goberno local “tres alcaldes distintos, durante un periodo de 13 anos, fixeron ata sete promesas de que ían rexenerar os barrios da Milagrosa e Feijóo. A realidade é que acabaremos o 2024 con CERO REALIDADES E CERO EUROS para rehabilitación de edificios e espazos públicos”

• A cronoloxía de promesas incumpridas arranca no ano 2011 cando Orozco prometeu á veciñanza entrar nun programa de rehabilitación (ARI) “unha boa proba da lentitude e do fracaso na xestión dos trámites deste goberno local é que o programa xa cambio tres veces de nome o que agora coñecemos como Entorno Residencial de Rehabilitación, foi antes ARRU e, anteriormente, ARI”

• Hai que ter en conta que o goberno local non tiña delimitado as áreas de rehabilitación destes barrios en prazo, é decir antes do 19 de outubro de 2022 de feito a aprobación desta delimitación se produciu dous anos despois (xunta de goberno celebrada o 23 de maio de 2024)

• Pola súa banda os deputados e senadores que participaron nesta rolda de prensa explicaron como o 23 de setembro o goberno de Sánchez respondeu a unha pregunta dos deputados populares e o 9 de outubro aos senadores nas que pedían información sobre si ían a ampliar o prazo de execución e a dotación orzamentaria dos programas de axudas en materia de rehabilitación.

• A contestación é negativa xa que remiten ao artigo 19 do Real Decreto 853/2021 que regula os programas de axudas en materia de rehabilitación residencial e que indica que “as actuacións correspondentes ao ERRP deberán estar finalizadas antes do 30 de xuño de 2026

• Por último os populares aproveitaron a poñer en valor os investimentos da Xunta no barrio da Milagrosa como son a renovación integral do Centro de Saúde (1,3M€) , a remodelación da residencia de maiores(1,4M€) ou as obras de mellora da Escola Infantil, tamén hai un gran investimento para o funcionamento do centro sociocomunitario para o envellecemento activo así como a colaboración coas entidades asociativas para actividades dinamizadoras no barrio.

Plan piloto de rehabilitación na Milagrosa

• A voceira popular manifestou que seguen moi presentes as propostas que levabamos no programa electoral para este barrio lembrando como defendemos unha intervención global co impulso á rehabilitación de edificios cun amplo programa de axudas e de espazos públicos para dotar de servizos e de aparcadoiros; un plan de choque para impulsar o comercio de proximidade, que representa a práctica totalidade da actividade comercial da zona, así como un programa de formación e de inserción laboral específico e unha maior presenza policial

• Neste contexto Elena Candia avanzou que pediremos que se dote nos orzamentos municipais de 2025 dunha partida suficiente para levar a cabo un plan piloto de rehabilitación impulsado por Evislusa neste barrio.

• A popular explicou que o informe de intervención da conta xeral de 2023 se explica que a Empresa Municipal do Solo (EVISLUSA) “non se acredita realmente o desenvolvemento dunha actividade mercantil para a que supostamente foi creada no seu día, e que justificaba a súa configuración como sociedade de acordo cos seus estatutos”. No punto a) se especifica que ten competencias de “promoción, construcción e rehabilitación de toda clase de bens inmobles, desitnados a servizos e usos públicos e a actividades industriais, terciarias e residenciais …

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario