O Grupo Socialista critica que o PP introduza 50 emendas á súa propia lei de acompañamento para lexislar «pola porta de atrás»

por 21 Noticias

. A portavoz de Economía e Facenda do Grupo Socialista, Patricia Iglesias, asegurou hoxe que a lei de acompañamento aos Orzamentos da Xunta supón unha “avalancha normativa sen rumbo definido” que modifica “pola porta de atrás” máis de medio centenar de normas de carácter lexislativo.

A deputada criticou que o resultado do proxecto de Lei implica menos impostos para quen máis patrimonio ten, o que xa é “marca da casa” dun Goberno da Xunta de Galicia que é “incapaz de xerar emprego de calidade, incapaz de impulsar a modernización do país, incapaz de apostar  pola transición enerxética ordenada, incapaz de apostar polo medio rural e a innovación e incapaz de fortalecer os servizos públicos”.

Iglesias sinalou a “falta de respecto” e “absoluto desprezo” do PP e de Rueda á Cámara autonómica ao presentar o proxecto de lei de medidas fiscais e aos poucos días, esta mesma fin de semana, anunciar as emendas do propio grupo maioritario aos Presupostos do Goberno que eles mesmos sosteñen.

Patricia Iglesias subliñou o “ridículo” de que os populares presentasen cerca de medio cento de “autoemendas” ao seu propio documento, ademais de facelo obviando a autonomía do poder lexislativo respecto do executivo, ao tomar parte activa dous conselleiros na rolda de prensa na que se anunciaron esas modificacións.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario