Este dibujo es de la época de la revista Euzkadi. Nos lo dibujaron cuando fuimos con Uzturre al Congreso del Partido Galegusta en Santiago de Compostela en los años setenta. El Partido Galleguista es el partido fundado por Castelao, el partido histórico de Galicia y una referencia del nacionalismo humanista y centrado, aliado histórico del PNV con Irujo a la cabeza. Lástima que el PP, más inteligente que el PP vasco, les haya vaciado la representación por la derecha y el Bloque por la izquierda, pero ellos siguen pedaleando y consiguiendo cosas. De hecho, han logrado que nada menos que el Parlamento Galego reconozca que hace 80 años, en Montevideo, se creara el Consell Nacional de Galiza presidido por Castelao y, por tanto, reconociendo parlamentariamente que fue Castelao el primer presidente de la nueva Galiza autonómica. Todos los Grupos de la Cámara, todos, ensalzaron su figura.
Y allí fuimos al acto formal donde destacó la intervención del presidente del Partido Galeguista, Manuel J. Suárez García que puso en su sitio la obra de Castelao, el momento político que se vivía en 1944 y la valentía de aquella generación lamentándose no ver entre los presentes al actual presidente de la Xunta, Alfonso Rueda, como hubiera sido su obligación. Andaba también por Galicia, Núñez Feijóo que tampoco acudió. Les sigue pareciendo demasiado nacionalista la figura del prócer gallego. Poca categoría.Sí estuvo el ex presidente Emilio Pérez Touriño, socialista.
El gran promotor del acto Francisco López Franco, Chesqui, estaba en Buenos Aires con los gallegos en Argentina recordando la efemérides. Fue muy agradable estar con Xan Leira y varios directivos del PG así como saludar a gallegos ilustres que estaban satisfechos de la jornada de reconocimiento aunque les hubiera gustado una mayor dimensión mediática. Pero ellos seguirán pedaleando.
Non me sorprende, mais sí me aledou, ver ao ilustre político do PNV, Iñaki Anasagasti, no acto de recoñecemento a Castelao como primeiro presidente do Consello de Galiza, celebrado o pasado día 15 no Parlamento Galego, pois a súa presencia vén confirmar, unha vez máis, os fortes vínculos históricos e de fraternidade que unen ao PNV co Partido Galeguista (PG) e a sobranceira figura de Castelao; un ligazón selado nos momentos máis duros do desterro e loita compartida, onde o PNV sempre foi un valedor leal coa causa galeguista.
É unha mágoa que o PG, un referente da historia, da propia identidade e do ser de Galiza, malia non sexa a expresión do seu destino político. Resulta paradoxo ver a unanimidade das louvanzas á figura de Castelao, expresadas pola totalidade dos representantes das forzas políticas presentes no devandito acto, un acto de exaltación que esmorece cando os focos deixan de alumear as súas facianas.
O legado que nos deixou Castelao ás galegas e galegos co seu testemuño, pensamento e obra, un patrimonio que debemos pór en valor, unha responsabilidade que debe asumir o PG e todos aqueles e aquelas que compartimos os ideais e o proxecto político que con tanto sacrificio nos deixaron cincelado os nosos devanceiros. A xenerosidade, altura de miras e renuncia aos egos, é unha boa premisa.
Cantas veces escoitamos dicir que Castelao é patrimonio de todos os galegos e galegas, como se o rianxeiro fora un santo para sacalo en procesión o día da súa festividade. Non, Castelao foi esencialmente unha figura política, e a elo se adicou sacrificando a súa propia vida, honrémolo dando exemplo no seguimento do seu proxecto vital.
Atina o autor de » Castelao e os Vascos «, cando di » Lástima que el PP, más inteligente que el PP vasco, les haya vaciado la representación por la derecha y el Bloque por la izquierda «. Certo, aínda que cómpre non meter no mesmo saco ao PP e ao Bloque, pois con independencia de que no PP existan militantes e simpatizantes con sentimento galeguista, mais aí queda o seu compromiso, reducido a actos folclóricos de días soleados de festa. Véxase o que fan coa nosa lingua,e xa non entremos noutros ´ámbitos… No tocante ao Bloque, algúns galeguistas aínda non renunciamos a que algún día habitemos na casa común baixo as siglas históricas de PG. Sería un día grande para este país!
Grazas Iñaki pola túa presencia en Santiago e polas sempre sabias verbas.