Alfonso Rueda visitou a casa de Espanha de Río de Xaneiro para reencontrase coa colectividade galega emigrada

por 21 Noticias

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou onte pola tarde a emblemática Casa de Espanha en Río de Xaneiro, á cal definiu como un segundo fogar para moitos galegos emigrados e descendentes. Neste sentido, agradeceu o seu compromiso coa preservación das raíces culturais e sociais da comunidade unindo xeracións.

Durante a visita, Alfonso Rueda fixo entrega de sendas placas conmemorativas tanto á Casa de Espanha como á Asociación Recreo dos Anciáns de Río de Xaneiro, en recoñecemento ao seu incansable labor. Así mesmo, reiteroulles a ambas institucións o apoio da Xunta no seu labor de seguir prestando apoio e asesoramento, así como mantendo vidas as tradicións ao outro lado do Atlántico.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario