Alfonso Rueda: «Galicia está disposta a recibir coas portas abertas a todos os que desexen vivir, visitar ou investir nela»

por Redacción Nacional

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, destacou este venres «O Novo Rexurdimento” dunha Galicia disposta a recibir coas portas abertas a todos os que desexen vivir, visitar ou investir nela. Unha Comunidade –afirmou— que, grazas ao esforzo dos galegos que a construíron desde dentro e desde fóra, pasou de ser unha terra de despedidas a unha terra de benvidas.

No acto de entrega dos Títulos de Excelencia Galega 2023 da Asociación de Empresarios Gallego de Cataluña (AEGA-CAT) en Barcelona, Rueda incidiu na Estratexia Galicia Retorna como unha aposta de país, que está a ser un auténtico modelo a seguir polo resto de comunidades españolas para que os galegos do exterior teñan facilidades para regresar a estudar ou traballar en Galicia.

 />Na mesma liña, o titular da Xunta asegurou que a Comunidade tamén a facilitar a chegada daqueles que queren xerar riqueza e emprego. “Hai moito tempo que deixamos o tópico da Galicia do atraso. Hoxe somos a Galicia potente”, aseverou. Proba desa fortaleza, agregou, é a vintena de proxectos industriais de gran capacidade tractora que se viron atraídos pola estabilidade, a axilidade administrativa e os incentivos para instalarse en Galicia. “O noso modelo económico funciona, por iso en 2023 medraremos por riba do previsto e en 2024 por riba do 2%”, manifestou.</p><p>Rueda explicou, por outra banda, que cada vez son máis os visitantes que están entendendo que “Galicia está de moda”. Logo de que as cifras turísticas bateran récords en no dobre Ano Santo, subliñou que estas alturas de 2023 están acudindo á Comunidade máis peregrinos e turistas que no ano anterior. “Aos que busquen natureza, calidade, gastronomía, tranquilidade… Só lles podo dicir que Galicia senta ben. Se non o saben xa, animo a probalo”, convidou o presidente.</p><p>O titular da Xunta sinalou igualmente que Galicia tamén aposta para converterse no mellor lugar onde vivir e formar unha familia, a través de medidas como a gratuidade da escolas infantís, a excelencia educativa ou a empregabilidade da Formación Profesional, nomeadamente a dual.</p><p><strong><img data-lazyloaded=

 

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario