@s que forman parte da Agrupación Deportiva Fogar volven a render homenaxe a Pedro Luis Fernández Pombo, o que fora directivo fundador na primeira xunta directiva constituída alá polo mes de outubro de 1988, e socio honorífico da entidade desde o ano 2014. Máis recentemente Pedro practicaba a natación como socio do clube e encargábase da coordinación dos xuices de natación en Carballo como membro do comité galego de árbitros da FEGAN. Nesta segunda edición o trofeo de natación e natación máster que leva o seu nome disputaráse os días 14 e 15 de decembro de 2024 na piscina municipal Carballo Calero de Carballo.
O período de inscrición ao trofeo permanecerá aberto desde as 00:00 horas do luns 25 de novembro ata as 23:59 horas do domingo día 1 de decembro na plataforma CLUPIK. A lista provisional de participantes publicaráse o luns 2 de decembro e a partir desa data abriráse un período de recepción de baixas ata o domingo 8 de decembro. Mentres podédes consultar a normativa do memorial nos arquivos adxuntos a esta mesma nova.