Os seus obxectivos son o de promover a cultura e a educación para contribuír á creación unha comunidade podolóxica máis formada e o de impulsar o desenvolvemento profesional, académico e interpersoal tanto do estudantado do grao en Podoloxía coma do alumnado egresado.
O Salón de Graos da Facultade de Enfermaría e Podoloxía do Campus Industrial de Ferrol acolleu, este luns 25 de novembro, a presentación da Asociación Galega de Estudantes de Podoloxíada Universidade da Coruña (AGEP UDC) que preside Lois Vázquez Campos. Acompañan, na xunta directiva, a este mozo recentemente graduado en Podoloxía, os estudantes Laura Sueiro Méndez como vicepresidenta, Maite Álvarez Rodríguez como tesoureira, e Samuel Sánchez Gil como secretario.
Tal e como recollen os seus estatutos, os principais obxectivos da Asociación Galega de Estudantes de Podoloxía da Universidade da Coruñason os de promover a cultura e a educación para contribuír á creación unha comunidade podolóxica máis formada e o de impulsar o desenvolvemento profesional, académico e interpersoal tanto do estudantado do grao coma doalumnado egresado.
Para acadar estes obxectivos, desde a AGEP UDC organizarán charlas para a promoción da saúde e cursos impartidos por persoal experto de recoñecido prestixio ao tempo que fomentarán a asistencia do estudantado a distintos congresos ao longo de todo o curso académico. Alén disto, o seuprimeiro reto será o de organizar, durante o primeiro trimestre de 2025, o XIII Congreso de Estudantes de Podoloxía de Galicia, unha actividade que, neste 2024, reuniu no Campus Industrial de Ferrol a máis de 150 estudantes desta disciplina procedentes de Galicia e de Castela e León.
Foto: de esquerda a dereita, Samuel Sánchez Gil, Laura Sueiro Méndez, Lois Vázquez Campos e Maite Álvarez Rodríguez, na Facultade de Enfermaría e Podoloxía do Campus Industrial de Ferrol, sede da Asociación Galega de Estudantes de Podoloxía da Universidade da Coruña (AGEP UDC)