A residencia de maiores da Xunta de Galicia en Monforte de Lemos celebra hoxe o seu 33 aniversario cunha xornada festiva que inclúe música, maxia e, no apartado gastronómico, aperitivo cos convidados e unha comida especial para os residentes. O director territorial da Consellería de Política Social e Igualdade, Óscar Viñas, acompañou a traballadores e usuarios na conmemoración desta efeméride.
Durante a mañá celebrouse un baile a cargo do dúo D’Caché, e pola tarde haberá un espectáculo de maxia a cargo de David Méndez.
A residencia ofrece unha atención sociosanitaria integral e desenvolve ao longo do ano actividades culturais, ocupacionais e de lecer que contribúen a incrementar o benestar dos usuarios.