«Se queremos que os nosos fillos, preparados e formados nas mellores institucións, regresen a Galicia, precisamos dunha industria forte», di Ariana Fernández Palomo, presidenta da ACG
A Asociación de Cosmética Galega (ACG), integrada por 34 compañías galegas vinculadas ao deseño e a creación de produtos de coidado persoal, únese ao proxecto do Cluster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga), que preside José Manuel López Vilariño e que representa ao ecosistema da biotecnoloxía galega. ACG naceu neste ano 2024 co obxectivo de «axuntar intereses para compartir coñecemento, experiencia, ferramentas e custos». Este movemento reforza o vínculo entre dous sectores estratéxicos para Galicia: a cosmética e a biotecnoloxía.
Asociación Cosmética Galega, que preside a farmacéutica Ariana Fernández Palomo, representa ás empresas que forman parte da cadea de valor deste sector económico: deseño, formulación, produción, distribución, comercialización ou control. Para destacar a relevancia desde sector, ACG, apoiándose nos datos que manexa, destaca: «Os galegos utilizamos de media sete produtos de coidado persoal a diario, como desodorantes, cremas corporais, xeles, pastas de dentes ou hidratantes».
Apostar polo talento
A Asociación Cosmética Galega aproveita o momento para lanzar unha mensaxe de reflexión á sociedade galega. «Apostar polos productos galegos é apostar polo desenvolvemento económico, a sostibilidade e o retorno do talento á nosa terra». «Se queremos que os nosos fillos, preparados e formados nas mellores institución, regresen a Galicia, precisamos de industrias fortes», destaca Ariana Fernández Palomo, presidenta da ACG.
O presidente de Bioga, pola súa banda, afirma que «o encontro entre Bioga e Asociación Cosmética Galega non só fortalece o vínculo entre dous sectores clave para Galicia, senón que marca un fito na aposta por una economía máis sostible, competitiva e conectada coas nosas raíces». Ao seu xuizo, «cada compra dun produto galego é un investimento na nosa terra, nas nosas familias e no noso futuro, e a biotecnoloxía é o catalizador estratéxico para alcanzar este obxectivo».
O Cluster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida de Galicia (Bioga) sinala que a biotecnoloxía pode ser un motor esencial para a transformación da economía de Galicia e tamén para o impulso e afianzamento do sector da industria cosmética.
A Asociación Cosmética Galega apunta que a industria cosmética galega conta coas ferramentas para ser líder:
• Transferencia de coñecemento procedente das tres universidades da comunidad autónoma de Galicia (Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo e Universidade da Coruña).
• Materia prima excepcional, privilexiada e probablemente a mellor da Península ibérica.
A integración da biotecnoloxía no sector cosmético galego permite:
• Desenvolver novos ingredientes activos a partir de recursos naturais locais, como algas e plantas, cun alto valor engadido para o mercado global.
• Incrementar a sostibilidade nos procesos de producción, reducindo o impacto ambiental.
• Fomentar a innovación mediante bioprospección e enxeñería molecular para ofrecer productos máis eficaces e diferenciados.
• Impulsar a internacionalización da cosmética galega con solucións innovadoras e competitivas.