Os bombeiros do parque Provincial de Boiro acudiron hoxe á Rúa Punta Fincheira, no Concello de Rianxo, tras recibir o aviso de que había unha persoa atrapada entre unha cama e un armario que non se podía mover.
A súa chegada, a Policía Local de Rianxo indicoulles que a persoa atrapada estaba en parada cardíaca e os bombeiros procederon a poñerlle un DESA, co persoal sanitario xa presente.
O persoal sanitario realizou as manobras de reanimación correspondentes, pero non se puido evitar o falemento da persoa.
Na intervención tamén participou a Policía Local de Rianxo, a ambulancia de Padrón, un médico do PAC de Rianxo e un voluntario de Protección Civil de Rianxo.