Primeira parte da intervención de Elena Candia no Debate sobre o Estado da Cidade. (I)
Elena Candia fixo a análise da situación da cidade de Lugo, en diferentes liñas:
«A señora alcaldesa esforzouse en puntualizar as accións do seu último ano, aínda que teño a obriga de recordarlle que tanto ela como o tenente de alcaldesa levan con responsabilidades de goberno moi importantes nesta cidade dende o ano 2019.
O sr. Arroxo moi pegado ao mesmo descurso que fixo no debate do estado da cidade do 2022. Daquela facía fincapé no interés de facer un mínimo de 10.000 pasos diarios, neste caso era a cidade dos 5 minutos e poñéndolle máis entusiasmo, a ser sincera e honesta, que ao vídeo que presentan en Fitur da campaña promocional. Pero dende logo con moi pouca ambición na xestión desta cidade»
A intervención de Elena Candia deuse en varios eixes:
*Vulneración de dereitos fundamentais*
A sra. Alcaldesa, teño que empezar dicindo que comeza mal, comeza vulnerando un dereito fundamental protexido na Constitución, no artigo 23, facendo coincidir intencionadamente dous plenos e impedindo que dous compañeiros desta corporación podan asistir; probablemente un non lle interese moito que esté, a nós no que lle afecta, por suposto que nos gustaría que nos acompañase; e sendo motivo para poder recorrer en amparo.
O artigo 23 da CE, e hai sentencias que o desenrolan, din que a participación política está protexida como un dereito fundamental.
Empeñouse vostede retorcendo o pleno ordinario sen causa xustificada traslandandoo para o día 30, fixo trasladar o pleno da Deputación, pois nunha actitude, se me permite , ata un punto caprichosa para poder poñelo no mesmo día que acabou poñendo tamén vostede o pleno do debate do estado da cidade
A poucas horas do día dos Santos Inocentes podería parecer unha inocentada pero non, como xurista, vostede sabe que é un dereito fundamental e que está protexido na Constitución e que si o problema é unha falta de entendemento co edil que tamén tivo que ausentarse, pois dígolle que por favor o corrixa e que non traslade os problemas internos ao funcionamento desta corporación. É susceptible de recurso de amparo. Empeza vostede de maneira moi incorrecta.
Ademais incumpre vostede outras obrigas como a presentación dos orzamentos. Sería coherente, responsable e comprometido que antes de facer o debate do estado e, cumprindo a lei de facendas locais, esta corporación coñecese os seus orzamentos. Creo que son dúas razóns o suficientemente de peso como para facerlle un importante tirón de orellas e insisto, como xurista, recordarlle as obrigas e os dereitos que temos e que evidentemente a oposición ten que ser respectada. Porque non así vostede que non encabezou ningunha lista, está sendo alcaldesa porque o resto de concelleiros así o elixiron lexitimamente que nós respectamos pero a participación política é un dereito fundamental
Vou intentar ser o máis concreta posible na analise. Analizarei 5 ítems que me parecen fundamentais para avaliar a súa xestión.
1. A transparencia
2. A responsabilidades
3. A rendición de contas
4. A participación da veciñanza e da oposición
5. A capacidade de dar resposta aos cidadáns
1. *A transparencia*
Tamén é unha parte dese dereito fundamental do artigo 23 e é unha das asignaturas que vostedes suspenden. Ambos suspenden .
Seguimos esperando polas contas do San Froilán que foron pedidas ata 5 veces. Tivemos que acudir á Valedora do Pobo.
Non son transparentes na publicación dos contratos menores. A última publicación é o primeiro trimestre de 2024 onde, por certo, se esforzaron en menos de 4 meses adxudicando con ese proceso máis de 1,3 millóns de euros.
Non foron transparentes cos veciños, por exemplo, en proxectos tan importantes como a fábrica ou a planta de biometano que se pretende instalar en Coeses. Coñecían o proxecto dende o ano 2021, ambos gobernos, déronlle informe favorable. Protestan vostedes porque a consideramos iniciativa prioritaria, prioritaria considerárona vostedes que lle deron o primeiro informe en menos de 2 meses. Agora darei os datos das licencias e deses brotes verdes dos que vostede presume porque sigo dicindo que os debates en política solo se gañan con datos e con argumentos.
Non foron transparentes coas obras do centro e aí estamos aínda con prórrogas interminables e tendo que ser ao final coa presión veciñal e, tamén hai que dicilo, deste grupo, de feito foi o primeiro pleno extraordinario que presentou e tiveron que ser recollidas a modo de modificado obviamente un falso modificado.
E tampouco foron transparentes para dar explicacións do que pasaba en algo tan sensible como a atención aos nenos e nenas na comparecencia da Escola Infantil Gregorio Sanz votando en contra da mesma. Senón teñen nada que esconder a que temen?
2. *Responsabilidade*
Outro dos parámetros importantes para saber se o fixeron ben ou mal é a responsabilidade. Escoitamos que o sr. Arroxo pedía máis investimentos para a Tinería mentres os seus no Parlamento, rexeitan partidas económicas para Lugo.
Refírome a que votaron co Partido Socialista a cantidade económica consignada nos orzamentos da Xunta para as obras da Rolda Leste. Aquí fareille entrega da emenda que presentou o seu grupo no Parlamento derivando eses 12 millóns a estradas na provincia de Pontevedra. Iso é un claro exemplo precisamente da demagoxia e das mentiras que nos intentan contar pero evidentemente onde hai papeis, calan barbas.
Pero probablemente hai 3 ítems, no que atinxe á enorme irresponsabilidade, e aquí diríxome fundamentalmente á señora Alcaldesa, nas áreas que levou dende o ano 2019.
Economía, todos sabemos que tivo que xustificar que vai facer un plan de aforro porque a ela “non a verán no derroche”, parece que ás anteriores sí, pero realmente levaba economía e recursos humanos, que parece que leva un ano estudiando as necesidades, quedou absolutamente abraiada cando levaba esa área dende o ano 2019 e resulta que aínda non sabía o que se necesitaba. Vou pór exemplos claros que me parecen dunha gravidade enorme, porque nin deron explicacións, e o máis importante nun ámbito humano, nin pediron desculpas.
1. As dúas sentencias que perdeu este concello ambas, ademais, condenada en costas por dúas accións que asina a que hoxe é alcaldesa, por aquel entón tenente alcaldesa delegada de gobernanza e recursos humanos, a señora Paula Alvarellos. Remove dun posto a unha funcionaria. Son condenados, incluso en costas, cos trastornos que provocou na área de Recursos Humanos. E insisto, nin asumiu responsabilidades nin pediu desculpas
2. Se cadra aínda tan grave é impedir a toma de posesión dunha funcionaria cuestionando a súa condición de funcionaria. Tamén, por suposto, foi condenada en costas e agora a define vostede como unha funcionaria tremendamente eficaz. E eu pregúntolle señora alcaldesa, vai asumir responsabilidades ou pedir desculpas por impedir que unha funcionaria “tremendamente eficaz” puidera traballar ao servicio do urbanismo e ao servicio de Lugo e a favor dos proxectos de Lugo dende o ano 21.
3. Nin desculpas nin explicacións, pero tampouco as deron coas traballadoras do 010. E aquí, certamente da máis pena, persoas que foron readmitidas porque tiñan unha sentencia e despedidas ao día seguinte con ese afán privatizador e intentando continuar co servicio contratando unha empresa.
3. *Rendición de contas*
Creo que tamén son un mal goberno porque non renden contas. Os informes de intervención son absolutamente demoledores. Reincido en enumeralos porque nunca dan ningunha aclaración, nunca compren o que alí lles mandan e o que sí fan e contarnos contos . Eses informes falan de incumprimentos, de debilidades, de deficiencias e de erros que pasan literalmente por riba.
Non explican o que fixeron cos 52.000.000 de euros de remanentes de tesoureira. Empéñanse en dicir que ían nas axudas do COVID, cando non chegaron nin a 5 millóns. Pero se co Covid non cumpriron nin os compromisos que asumiron.
Quedaron en devolver as taxas das terrazas e levan buscando a fórmula xurídica 2 anos.
Son tan graves os incumprimentos normativos, que xa empezan a desconfiar de vostedes mesmos, de feito, tampouco deu ningunha aclaración nin ningunha explicación desa ausencia do tempo estritamente necesario para que o sr. Arroxo puidera asinar un levantamento dun reparo de 182.000 euros que, apuntemos, advertían: fraccionamentos irregulares, incumprindo la Lei de Contratos do servicio público, que non constaba procedementos de licitación ou que se excedían os límites cuantitativos ou temporais dos contratos menores, contratos prorrogados tacitamente ou unha vez rematados, carecendo de cobertura xurídica e incumprindo os artigos 29.2.e o artigo 1.1 da Lei do contrato do seguro.
Tampouco deron explicacións polas Caldas.
Explican que a zona de baixas emisións, mal chamada, porque xa o era, do centro histórico era para mellorar a saúde dos lucenses, pero sen embargo, póñeno en perigo cuns parámetros de lexionella que ninguén explicou, dos que ninguén asumiu responsabilidades, e que, efectivamente, afectaban á saúde humana. Ven é certo que como é un proxecto con moi pouco interese e con moi pouca participación, foron poucos os que puideron poñer en perigo a súa saúde.
4. *Participación da veciñanza e da oposición*.
Pero tampouco aproban en participación, creo que escoitar é clave para acertar. Sen dúbida non alcanzan tampouco o aprobado, non houbo ningunha participación nas obras do centro, xa o expliquei, non houbo ningunha escoita na ubicación alternativa que propoñen para o Centro de Saúde do Sagrado Corazón. Non gusta, por suposto, á veciñanza. Nin tampouco houbo escoita, nin á Policía Nacional nin aos veciños do barrio da Residencia, porque aínda llo recordaron recentemente. Pídenlle que se esforce e de máis base territorial para non ter que facer unha comisaría en altura. Non houbo planificación no deseño do itinerario do carril bici que aínda seguimos sufrindo, nin tampouco houbo ningunha escoita na proposta que fai para o aparcamento de Fontiñas. Francamente un error. Nin da fugaz praia fluvial que tampouco é a ubicación idónea nin tampouco da regulación da mobilidade da ciudade. Señor Arroxo, creo que máis importante reunirse coa xente que non cos seus propios asesores, porque indudablemente segue habendo uns enormes problemas de mobilidade na cidade que vostede non é quen de arranxar.
5. *Capacidade de dar resposta aos cidadáns*
Máis do 60% da súa intervención dedicárona a facerlle oposición á oposición e así indudablemente a cidade non avanza. Non teñen capacidade de dar resposta ás necesidades dos ciudadáns. Os proxectos que vostedes identifican como prioritarios non o son para a veciñanza. Seguen sen eliminar tapóns, iso sí que é un bo problema de mobilidade e non por falta de financiación, porque de feito tiñan na relación de investimentos aprobada nos orzamentos do 2024 ,unha partida que non executaron.
Seguen sen dar resposta a unhas instalacións dignas para a protectora e seguen empeñados en coidalos máis de mortos que de vivos.
Seguen sen arranxar a lentitude burocrática para investir na cidade. Voulle dar un dato, insisto, os debates solo se ganan así, con datos ou con argumentos. O tempo de resposta medio para outorgar licencias na cidade empeorou respecto ao ano 2023, pasando dos 12 meses. Pero onde certamente empeorou, e de xeito alarmante, foi no rural, de feito seguen esperando 2 anos para ter unha licencia e das 105 outorgadas en 2023 estamos en 32 no ano 24. Iso, francamente, non é para sentirse orgulloso.
Seguen sen dar resposta ás instalacións deportivas. Nada sabemos da licitación do proxecto e iso que tiñan un enorme apoio de todas as institucións para colaborar na súa financiación. Non son capaces nin de licitar a redacción do proxecto e iso que o prometeron para antes de que rematara o ano. Pero é que aí nin comen nin deixan, porque nin son capaces de construír unha nova infraestrutura deportiva, nin tampouco queren acollerse ao que outros concellos de toda Galicia aplaudiron e poder chegar a acordos para poder usar as instalacións das que dispón a Consellería de Educación. Non chegan a acordos coa Consellería de Educación, evidentemente, porque están constantemente empeñados en enfrontarse á Administración Autonómica, pero tampouco cos seus, porque unha vez que soubemos quen era o titular do local das Gándaras e, sendo unha cousa do máis sinxelo, que calquera concello, ata Ourol é capaz de ter unha cesión en precario, unha cesión de uso, seguimos sen ter regularizados e que vostede e o señor Repetto foron alí a dicir que era da Xunta, nin sequera tomaron o rigor de saber de quen era a propiedade do espazo.
Segue sen abastecemento o rural e, aínda temos na nosa memoria, e polo que tampouco pediu desculpas, ese exemplo de que pedir abastecemento en Esperante era igual que pedir un aeroporto, absolutamente insultante. Un servizo deficiente na cidade. O Sagrado Corazón estivo a piques de estar sen el a propia noite de Noite Boa.
Sen arranxar os problemas de presión no Ceao. E aquí, xa llo dixen o día que o trouxemos ao pleno, realmente dormen tranquilos con ese informe que teñen no caixón?
Seguen sen un contrato de mantemento dos parques infantís co perigo que iso supón.
Seguen sen unha promoción turística máis alá da intervención do primeiro turno do sr. Arroxo.
Sen aparcamentos disuasorios na cidade.
Sen un plan de mantemento dos colexios que son da súa competencia é seguimos sen ter realmente un plan de rehabilitación para a Milagrosa e o barrio Feixoo.
Faime gracia que cando presentan algo fora de prazo e fan os traballos tarde, mal e arrastro din que a solución é que amplíe e saque outra convocatoria a Xunta, cando hai contestación por escrito do Ministerio que nin hai máis prazos nin hai máis fondos para esta convocatoria.
Terán tamén que dar explicacións e eu dende logo pido responsabilidades cando hai un problema, pois agora parece que van para o Carme a convocar un concurso de ideas. Mira que lles fixemos varias propostas, que temos un compañeiro ben comprometido con este barrio, con tantas posibilidades.
O balance final
Seguen sendo un matrimonio de conveniencia. O único que lles interesa é que o PP non goberne aínda que gañase claramente as eleccións.