O Partido Popular propón  impulsar un Plan Integral de Protección da Infancia e da Adolescencia 

por Redacción Lugo

Os populares piden ao goberno local un esforzo nas políticas municipais destinadas a protexer á mocidade con especial incidencia en problemáticas relacionadas co desamparo infantil e os menores en situación de vulnerabilidade.

Esta planificación transversal, que implicaría varias áreas do Concello así como entidades sociais e centros educativos serviría para:

  1. Ofrecer unha participación activa
  2. Que sean parte da toma de decisións a través de estruturas propias
  3. Planificar e coordinar accións que teñan continuidade no tempo
  4. Identificar situacións de desamparo en menores e dar unha resposta rápida

• O concelleiro popular Gustavo Díaz presentou esta iniciativa, que defenderá no pleno de novembro, coincidindo coa celebración esta semana do día mundial da infancia incidindo que “as políticas locais de apoio á infancia e a adolescencia son unha materia pendente do goberno local”

• O concelleiro Gustavo Díaz explicou que “non se trata de gobernar para a infancia e a adolescencia senón gobernar con eles”

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario