Galicia terá este ano 54 sendeiros azuis

Unha cifra récord e coa que volve liderar, unha vez máis, a clasificación nacional deste programa, promovido pola Asociación de educación ambiental e do consumidor (Adeac) para poñer en valor as rutas e camiños como recurso para gozar da natureza, realizar actividades deportivas e de ocio ao aire libre e axudar a interpretar ambientalmente a contorna.

Estes datos foron dados a coñecer esta mañá en Ourense, durante unha rolda de prensa ofrecida pola directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, e o presidente de Adeac, José Palacios, que estiveron acompañados polo delegado territorial da Xunta na provincia, Manuel Pardo.

Tras resaltar que Galicia concentra o 35,1% das 154 rutas galardoadas en todo o país, a responsable autonómica amosou a súa satisfacción polo feito de que volva ser, con diferencia, a comunidade española cun maior número de sendeiros azuis, moi por diante das segundas, a Rexión de Murcia e a Comunidade Valenciana, ambas con 26 distintivo).

Dos 54 sendeiros azuis galegos —que suman un total de 388,66 quilómetros—, 7 reciben este ano o galardón por primeira vez. Son, concretamente, os seguintes: senda do Mar de Santo Hadrián, en Malpica de Bergantiños; senda de las Marismas del Baxoi, en Miño; senda dos Petróglifos (Muros); sendeiro Río de San Pedro (Oleiros); sendeiro litoral de Baiona; sendeiro fluvial do río Louro (Meaño); e ruta Camiñando polo Porto de Vigo.

En canto á distribución por municipios, explicou que as rutas galardoadas pertencen a 28 concellos galegos e destacou o caso de Sanxenxo, que suma 8 bandeiras para outras tantas sendas; Vigo, con seis; Oleiros, Poio e Marín, con catro sendeiros azuis cada un.

Ademais, no caso concreto da provincia de Ourense, a directora xeral destacou que a ruta da Aceveda, no Parque Natural do Invernadeiro —espazo natural que pertence integramente á Xunta— lucirá por segundo ano consecutivo a bandeira azul.

Así mesmo, Marisol Díaz salientou a relevancia deste galardón para atraer visitantes á Comunidade e promover un turismo de natureza e, á vez, o “uso público e sostible dos espazos naturais”, promovendo o seu coñecemento a través das múltiples rutas que axudan a percorrelos e coñecer a beleza e rica biodiversidade que albergan.

En canto aos datos a nivel nacional, en 2025 se galardoou o maior número de Sendeiros Azuis (154) desde a posta en marcha do programa. Deles, un 80,5% (un total de 124) foron renovacións mentres que o 19,5% restante (30) son rutas que reciben este recoñecemento por primeira vez. Ademais, por primeira vez superáronse xa os 1.000 quilómetros de sendas no conxunto do país.

En todo caso e aínda que hoxe se fixo pública a relación completa de galardoados en 2025, o acto de entrega oficial das bandeiras aos concellos con Sendeiros Azuis realizarase en Murcia o vindeiro 26 de marzo.

Obxectivos principais

Cómpre lembrar que o programa Sendeiro Azul premia e recoñece cada ano a recuperación e posta en valor de rutas, sendas e itinerarios peonís mediante a súa transformación en contornas respectuosas, resilientes e sostibles.

Nesta liña, entre os principais obxectivos da iniciativa inclúense o fomento da conectividade ecolóxica e a restauración ambiental; a contribución coa análise de fontes cartográficas e de datos á planificación e xestión de zonas naturais; o fortalecemento da coordinación entre as administracións con competencias nestes espazos; a integración transversal de aspectos económicos, ambientais e sociais, e a mellora do coñecemento e sensibilización ambiental.

Ademais, realízase unha revisión periódica dos seguintes aspectos: características das sendas e trazados; estado da información, sinalización e infraestruturas; conservación e xestión do patrimonio natural e cultural, e uso público e desfrute.

A Coruña
 Roteiro Monte da Fraga, Universidade da Coruña
A Laracha
 Sendeiro de Saldoiro
Arteixo
 Senda Azul
Camariñas
 Ruta Litoral de Camariñas
Carballo
 Senda do Mar Razo – Baldayo
Malpica de Bergantiños
 Senda do Mar de Santo Hadrián NUEVO
Miño
 Fraga dos Muiños do río Xario
 Senda de las Marismas del Baxoi NUEVO
 Senda dos Sentidos
Muros
 Senda dos Petróglifos NUEVO
Oleiros
 Sendero Bosque Xaz
 Sendero Costa Libre
 Sendero Río de San Pedro NUEVO
 Sendero Seixo Branco – Furnas
Ribeira
 Sendero Litoral de Coroso – Río Azor
LUGO (6)
Burela
 Ruta del Litoral Burelés
Cervo
 Sendero Azul «O Torno»
 Sendero Azul «Cubelas – O Rego»
 Sendero Azul «Río de Lavar – Muíño do Medio»
Foz
 Paseo Ruta de las playas de Foz
Ribadeo
 Ruta do Faro de Illa Pancha a As Aceas
OURENSE (1)
Vilariño de Conso
 Ruta da Aceveda Parque Natural do Invernadeiro
PONTEVEDRA (32)
A Guarda
 Senda Litoral de A Guarda
Baiona
 Sendero Litoral de Baiona NUEVO
Bueu
 Sendero de Cabo Udra
 Senda do Litoral de Bueu
Cangas
 Roteiro de Donón
Marín
 Ruta das Praias
 Ruta de los 5 Miradores
 Ruta Montes y Playas
 Ruta do Monte Penizas
Meaño
 Sendero fluvial do río Louro NUEVO
Poio
 Ruta dos Muíños de Samieira
 Senda de O Laño
 Sendero Litoral de Poio
 Variante Espiritual del Camiño Portugues, el Camino de Santiago – Poio
Ponte Caldelas
 Sendeiro Azul do Río Verdugo
Ponteareas
 Senda do Río Tea
Sanxenxo
 Ruta De Los Carballos De Aldariz
 Senda Fluvial del Río Pintillón
 Sendero Litoral Areas-Punta Festiñanzo
 Sendero Litoral Canelas-Punta Cabicastro
 Sendero Litoral Montalvo-Major
 Sendero Litoral Paxariñas-Montalvo
 Sendero Litoral Sanxenxo-Portonovo
 Sendero Mágico De A Lanzada
Vigo
 Camiñando polo Porto de Vigo NUEVO
 Camiño á Beiramar
 Senda de ribera do Río Lagares
 Senda Entre Faros, Illas Cíes
 Senda Litoral do Monta da Guía
 Vía Verde de Vigo
Vilagarcía de Arousa
 Senda litoral de Vilagarcía, de Vilaxoan a Carril
Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis y Portas
 Vía Verde do Salné

Comparte éste artículo
No hay comentarios