Unha cifra récord e coa que volve liderar, unha vez máis, a clasificación nacional deste programa, promovido pola Asociación de educación ambiental e do consumidor (Adeac) para poñer en valor as rutas e camiños como recurso para gozar da natureza, realizar actividades deportivas e de ocio ao aire libre e axudar a interpretar ambientalmente a contorna.
Estes datos foron dados a coñecer esta mañá en Ourense, durante unha rolda de prensa ofrecida pola directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, e o presidente de Adeac, José Palacios, que estiveron acompañados polo delegado territorial da Xunta na provincia, Manuel Pardo.
Tras resaltar que Galicia concentra o 35,1% das 154 rutas galardoadas en todo o país, a responsable autonómica amosou a súa satisfacción polo feito de que volva ser, con diferencia, a comunidade española cun maior número de sendeiros azuis, moi por diante das segundas, a Rexión de Murcia e a Comunidade Valenciana, ambas con 26 distintivo).
Dos 54 sendeiros azuis galegos —que suman un total de 388,66 quilómetros—, 7 reciben este ano o galardón por primeira vez. Son, concretamente, os seguintes: senda do Mar de Santo Hadrián, en Malpica de Bergantiños; senda de las Marismas del Baxoi, en Miño; senda dos Petróglifos (Muros); sendeiro Río de San Pedro (Oleiros); sendeiro litoral de Baiona; sendeiro fluvial do río Louro (Meaño); e ruta Camiñando polo Porto de Vigo.
En canto á distribución por municipios, explicou que as rutas galardoadas pertencen a 28 concellos galegos e destacou o caso de Sanxenxo, que suma 8 bandeiras para outras tantas sendas; Vigo, con seis; Oleiros, Poio e Marín, con catro sendeiros azuis cada un.
Ademais, no caso concreto da provincia de Ourense, a directora xeral destacou que a ruta da Aceveda, no Parque Natural do Invernadeiro —espazo natural que pertence integramente á Xunta— lucirá por segundo ano consecutivo a bandeira azul.
Así mesmo, Marisol Díaz salientou a relevancia deste galardón para atraer visitantes á Comunidade e promover un turismo de natureza e, á vez, o “uso público e sostible dos espazos naturais”, promovendo o seu coñecemento a través das múltiples rutas que axudan a percorrelos e coñecer a beleza e rica biodiversidade que albergan.
En canto aos datos a nivel nacional, en 2025 se galardoou o maior número de Sendeiros Azuis (154) desde a posta en marcha do programa. Deles, un 80,5% (un total de 124) foron renovacións mentres que o 19,5% restante (30) son rutas que reciben este recoñecemento por primeira vez. Ademais, por primeira vez superáronse xa os 1.000 quilómetros de sendas no conxunto do país.
En todo caso e aínda que hoxe se fixo pública a relación completa de galardoados en 2025, o acto de entrega oficial das bandeiras aos concellos con Sendeiros Azuis realizarase en Murcia o vindeiro 26 de marzo.
Obxectivos principais
Cómpre lembrar que o programa Sendeiro Azul premia e recoñece cada ano a recuperación e posta en valor de rutas, sendas e itinerarios peonís mediante a súa transformación en contornas respectuosas, resilientes e sostibles.
Nesta liña, entre os principais obxectivos da iniciativa inclúense o fomento da conectividade ecolóxica e a restauración ambiental; a contribución coa análise de fontes cartográficas e de datos á planificación e xestión de zonas naturais; o fortalecemento da coordinación entre as administracións con competencias nestes espazos; a integración transversal de aspectos económicos, ambientais e sociais, e a mellora do coñecemento e sensibilización ambiental.
Ademais, realízase unha revisión periódica dos seguintes aspectos: características das sendas e trazados; estado da información, sinalización e infraestruturas; conservación e xestión do patrimonio natural e cultural, e uso público e desfrute.
A Coruña
Roteiro Monte da Fraga, Universidade da Coruña
A Laracha
Sendeiro de Saldoiro
Arteixo
Senda Azul
Camariñas
Ruta Litoral de Camariñas
Carballo
Senda do Mar Razo – Baldayo
Malpica de Bergantiños
Senda do Mar de Santo Hadrián NUEVO
Miño
Fraga dos Muiños do río Xario
Senda de las Marismas del Baxoi NUEVO
Senda dos Sentidos
Muros
Senda dos Petróglifos NUEVO
Oleiros
Sendero Bosque Xaz
Sendero Costa Libre
Sendero Río de San Pedro NUEVO
Sendero Seixo Branco – Furnas
Ribeira
Sendero Litoral de Coroso – Río Azor
LUGO (6)
Burela
Ruta del Litoral Burelés
Cervo
Sendero Azul «O Torno»
Sendero Azul «Cubelas – O Rego»
Sendero Azul «Río de Lavar – Muíño do Medio»
Foz
Paseo Ruta de las playas de Foz
Ribadeo
Ruta do Faro de Illa Pancha a As Aceas
OURENSE (1)
Vilariño de Conso
Ruta da Aceveda Parque Natural do Invernadeiro
PONTEVEDRA (32)
A Guarda
Senda Litoral de A Guarda
Baiona
Sendero Litoral de Baiona NUEVO
Bueu
Sendero de Cabo Udra
Senda do Litoral de Bueu
Cangas
Roteiro de Donón
Marín
Ruta das Praias
Ruta de los 5 Miradores
Ruta Montes y Playas
Ruta do Monte Penizas
Meaño
Sendero fluvial do río Louro NUEVO
Poio
Ruta dos Muíños de Samieira
Senda de O Laño
Sendero Litoral de Poio
Variante Espiritual del Camiño Portugues, el Camino de Santiago – Poio
Ponte Caldelas
Sendeiro Azul do Río Verdugo
Ponteareas
Senda do Río Tea
Sanxenxo
Ruta De Los Carballos De Aldariz
Senda Fluvial del Río Pintillón
Sendero Litoral Areas-Punta Festiñanzo
Sendero Litoral Canelas-Punta Cabicastro
Sendero Litoral Montalvo-Major
Sendero Litoral Paxariñas-Montalvo
Sendero Litoral Sanxenxo-Portonovo
Sendero Mágico De A Lanzada
Vigo
Camiñando polo Porto de Vigo NUEVO
Camiño á Beiramar
Senda de ribera do Río Lagares
Senda Entre Faros, Illas Cíes
Senda Litoral do Monta da Guía
Vía Verde de Vigo
Vilagarcía de Arousa
Senda litoral de Vilagarcía, de Vilaxoan a Carril
Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis y Portas
Vía Verde do Salné