SGHN. Mutilando a infraestrutura verde galega para favorecer a ALTRI

“ORDE do 4 de outubro de 2024 pola que se aproba a Estratexia galega da Infraestrutura verde e da conectividade e restauración ecolóxicas”, recén publicada no DOG nº 27 do 10/02/2025, no seu Anexo Mapas recolle unha mutilación moi substancial da zona de amortecemento ao sudeste da Serra do Careón: con respecto á versión sometida a información pública, exclúese a zona na que ALTRI-GREENFIBER pretende instalar unha mega-factoría de celulosa e fibras textís.

Por iste motivo, SGHN ven de solicitar á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático copia das alegacións e/ou informes técnicos que se teñan empregado para excluír da Estratexia galega da Infraestrutura verde e da conectividade e restauración ecolóxicas a zona de amortecemento ao sudeste da Serra do Careón, no ámbito do proxecto de ALTRI-GREENFIBER.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios