Arroxo recibe ao novo presidente da AECC Lugo

A Tenencia de Alcaldía mantén xuntanzas con distintos colectivos «para coñecer as necesidades e poder planificar o traballo desde o Goberno».

O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, xunto coa concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, mantiveron unha xuntanza co novo presidente da AECC en Lugo, José Manuel Rozas. Arroxo e Ferreiro desexaron «moita sorte» nesta nova etapa á fronte da asociación e destacaron que
«seguiremos a colaborar nas distintas actividades que se propoñan».

O Tenente Alcalde e a concelleira de Cultura mantiveron esta xuntanza seguindo na liña de traballo da Tenencia de Alcaldía, coñecendo de primeira man as propostas e necesidades do tecido asociativo da cidade.

Durante a xuntanza, Arroxo escoitou as demandas deste colectivo, e deu información sobre os proxectos máis inmediatos que está a desenvolver a área de Mobilidade e Infraestruturas.

Arroxo afirmou que o goberno atenderá ás propostas e solicitudes presentadas tanto polo tecido asociativo como pola veciñanza de Lugo. «Traballamos para seguir mellorando a cidade”, afirmou, e engadiu “desde o Goberno estudamos todas as propostas traballando sempre para mellorar os espazos públicos de Lugo”.

Comparte éste artículo
No hay comentarios