Guido Guía e Diego AS viaxan esta tarde a Pedrafita xunto a Gómez Vila para comezar a Vía Künig

Hai un mes o turismólogo Guido Guía e o artista Diego AS anunciaron nas redes sociais que do 19 ao 23 de febreiro ían facer a Vía Künig apoiados polo seu promotor, o historiador Javier Gómez Vila. Esta tarde ambos viaxarán a Pedrafita do Cebreiro para comezar 5 etapas de peregrinaxe que Guido fará ao completo e Diego algunhas delas.

Longa é xa a amizade de Guido e Diego. Contaba este segundo hai pouco nunha entrevista para Lecer Audiovisual sobre como se coñeceron no ano 2019, cando Guido comezaba o seu proxecto profesional como autónomo e quería promover a arte urbana lucense dende as súas actividades. Dende ese paseo guiado do proxecto “O Lugo menos coñecido” pasaron xa case seis anos e hoxe comezan esta gran e prometedora nova aventura.

Importantísima nesta historia é e será a presenza e participación do historiador Javier Gómez Vila, promotor da Vía Künig e co que non será a primeira vez que colaboren Diego e Guido.

Diego é autor de varios murais nesta ruta xacobea, en Becerreá e no Corgo, experiencias das que Javier sempre fala marabillas e incluso apoda a Diego como “Diego Velázquez”

Tamén Guido colaborou con Javier nalgunhas ocasións, por exemplo nos paseos guiados de Paulo Fabio Máximo e Güidox no Arde Lucus Cultural.

Unha expedición que promete, e que nos vindeiros días poderemos seguir a través das redes sociais. Pedrafita do Cebreiro, As Nogais, Becerreá, Baralla, O Corgo e Lugo serán as grandes protagonistas.

Comparte éste artículo
No hay comentarios