O PP de Lugo forza ao goberno local a actuar en cuestións de mantemento e logramos a eliminación dun vertedoiro en Albeiros 

Os populares tamén critican que PSOE e BNG poñan excusas  para frear axudas para a Praza e pavimentar o leiraking do Hula

Os populares saíron moi preocupados da comisión logo de que o goberno local poña como excusa de que renunciaron  a unha achega de 9.000 € para a Praza dentro da convocatoria de Mercados de Excelencia  “porque as bases non estaban claras”. Ésta resposta é  unha tomadura de pelo absoluta e unha mostra da súa incompetencia.

Con respecto aos datos da Comisión de Queixas de xaneiro confirman o que levamos meses denunciando: a falta de xestión e atención ás necesidades da veciñanza por parte do goberno local.

Casi un 60% das queixas quedaron sen contestar. Dos 56 escritos presentados, 33 quedaron sen resposta, demostrando o desinterese do goberno en atender aos lucenses.

O caos do transporte urbano segue sendo unha preocupación cidadá, a maioría das queixas registradas son por problemas nas liñas, frecuencias e deficiencias lectura tarxeta o que avala a necesidade de mellorar o servizo dos autobuses urbanos.

As máis de 120 queixas acumuladas sen resposta fóra de prazo é un reflexo claro dun goberno local que non escoita nin resolve os problemas dos veciños.

COMISIÓN TRANSICIÓN ECOLÓXICA E COHESIÓN TERRITORIAL.-

O traballo que facemos funciona. O PP segue a marcando o ritmo de feito observamos como peticións que facemos de cuestións de mantemento as resolven días antes da comisión como foi o caso da eliminación dun un vertedoiro ilegal en Albeiros cuxa petición rexistramos o 11 de febreiro

Chama a atención que o goberno local tamén  recoñeza que “non fará nada” coa fonte de Calde porque “non recibiu queixas”. Unha escusa inaceptable que demostra a súa desconexión coas parroquias

COMISIÓN DE CULTURA

Lamentamos a falta de previsión e xestión do BNG, que segue sen dar solución ao lamentable estado do leirapárking do HULA agora din que están “mirando o pavimento que van colocar” cando tiveron tempo dabondo para telo decidido. Escúsanse nos técnicos e seguen dando largas.

Mentres tanto os lucenses seguen sufrindo o mal estado Este aparcadoiro segue sendo un lameiro no inverno e un polvorín no verán, causando molestias e dificultando o acceso ao hospital, especialmente ás persoas con mobilidade reducida. O BNG tivo tempo máis que suficiente para arranxalo, pero a súa falta de interese é evidente. Esiximos que deixen de mirar cara a outro lado e actúen de inmediato para ofrecer unha solución digna aos cidadáns.

Comparte éste artículo
No hay comentarios