O Alcalde en Funcións, Rubén Arroxo, asinou esta mañá o decreto marcando 3 días de loito oficial na cidade ante o falecemento da Alcaldesa Paula Alvarellos. Arroxo afirmou que hoxe é «un día durísimo que impactou a toda a cidade de Lugo» e aproveitou novamente a ocasión para traladar publicamente o seu pésame «á familia, amizade e compañeiras e compañeiros de Paula Alvarellos».
Dende hoxe ata o vindeiro 4 de marzo, as bandeiras oficiais da Casa Consistorial ondearán a media hasta en sinal de dó.
Rubén Arroxo destacou a figura de Paula Alvarellos, integrante do Goberno de Lugo desde o ano 2019 e alcaldesa desde o pasado 18 de xaneiro de 2024. Arroxo afirmou que «Paula demostrou a súa capacidade para ser constructiva e xerar consensos, valores moi necesarios na política».