Os actos consistirán nunha Manifestación, que como tódolos anos partirá da explanada do Edificio Multiusos da Xunta de Galicia, na Ronda da Muralla, as 20,00 horas. .Transcorrirá no sentido do tráfico, en dirección Porta de San Fernando, continuando pola Praza do Ferrol, Rúa San Marcos, Praza Santo Domingo, Rúa Raiña, Concello, baixando por Franciscanos, onde accederemos á Praza de Santa María, onde rematará o acto, coa lectura compartida do Manifesto, que este ano correrá a cargo de tres destacadas activistas lucenses, María Barba Núñez, Presidenta de Aliad Ultreia, loitadora contra a trata e a explotación sexual, Pilar Sánchez Monje, traballadora da Rede Museística de Lugo e no Museo do Pazo de Tor, representando o mundo da cultura, e Isabel Vilalba Seivane, Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, gandeira e sindicalista, en representación da loita da muller no mundo rural.
Unha vez rematada a lectura, haberá unha actuación musical da artista lucense Rachel acompañada por instrumentistas da cidade.
As organizadoras agardan a máxima difusión dos actos, así como o seguimento e divulgación posterior, conscientes da importancia dos medios de comunicación, especialmente en tempos tan escuros nos que vivimos, onde a desinformación, o auxe da ultradereita, a polarización política e as tecnocracias capitalistas, ameazan con acabar coa xustiza social e a loita pola igualdade.