A Asociación Cultural Adro de Vilaño presenta unha visiónrenovada reforzando o seu papel como axente dinamizador da vida social e cultural en Vilaño.
«Despois de dez anos moi centrados na organización das festas, así como na xa consolidada Carreira do Apóstolo, sentimos que é o momento de dar un paso máis», explica Diego Rama, novo presidente da asociación. «Queremos que Adro de Vilaño sexa o pegamento que una a veciños e achegados, a través de actividades e iniciativas que nos fagan disfrutar en comunidade da nosa cultura, a nosatradición e as nosas costumes”.
A entidade reafirma o seu compromiso de construír unha comunidade unida e activa, onde persoas de todas as idades, e de dentro e fóra de Vilaño, poidan convivir nun ambiente de respecto e boa enerxía. Este paso adiante chega nunmomento clave para a asociación, que busca ampliar o seuámbito de actuación e converterse nun referente de cohesión social na comarca.
«Non se trata só de organizar actividades», apunta Juan Carlos Ramos, tesoureiro, «senón de crear verdadeirosvínculos entre as persoas, de recuperar ese espírito de comunidade que ás veces se perde nas sociedades modernas». Ramos, quen fora o primeiro presidente da asociación, comenta que o 2025 será un ano “de continuidade e de novidades” no que comezarán a impulsariniciativas baixo o lema “Adro de Vilaño. Cultura, tradicióne deporte”.
Entre os valores fundamentais da asociación destaca o sentido de pertenza, a inclusión e a colaboración. A entidade aposta por un modelo de xestión responsable e profesional, mantendo sempre o seu carácter non lucrativo e o espírito festeiro que a caracteriza.
«Queremos poñer a Vilaño no mapa como referente de comunidade unida e enerxía positiva”, sinala Tamara Rey, secretaria da Asociación. «As nosas festas e eventos non só conectan aos veciños, senon que atraen a xente de toda a provincia. Queremos que isto siga sendo así, polo que manteremos iniciativas que xa son un referente na zona como a Carreira do Apóstolo ou o Vilaño Fest, e crearemosoutras actividades que nos axuden a cumplir co nosorenovado propósito”.
A asociación presenta esta renovación como parte dun plande crecemento e continuidade sostibles que busca fortalecer os lazos comunitarios e expandir o seu impacto social nos próximos anos. A nova directiva estará formada por alguns dos fundadores da entidade no 2016: Diego Rama (presidente), Rubén Mallo (vicepresidente), Juan Carlos Ramos (tesoureiro), Alexander Rama (vogal); membros da segunda etapa: Tamara Rey (secretaria) e Alberto Villar(vogal); e a nova incorporación de Ángel Rodríguez (vogal).
Datos de contacto:
Asociación Cultural Adro de Vilaño
Correo: adro@adrodevilano.com
Redes sociais: @adrodevilano (Instagram) Adro de Vilaño (Facebook)