Stop Biogás A Laracha alerta do perigo de vertidos ao Anllóns e danos á saúde tras recoller 7.000 sinaturas

Onte luns varios representantes da Plataforma Stop Biogás A Laracha, rexistraron unha alegación colectiva que suscribiron unhas 7.000 persoas coa súa sinatura, e que realizaron co asesoramento de abogados, biólogos, arqueólogos e outros profesionais e colectivos especializados, tras analizar milimétricamente o proxecto de macroplanta presentado pola empresa Bioenergía A Coruña SLU.

Este polémico proxecto, que está a punto de rematar a súa fase de alegacións, conta xa co posicionamento en contra do propio Concello da Laracha e do resto de grupos políticos do consistorio, tamén da Deputación da Coruña e dos concellos limítrofes coa Laracha  que,  xunto  coa  veciñanza,  están  preocupados  polas  consecuencias

medioambientais dos vertidos de residuos líquidos ao río Anllóns, en cantidade equivalente a 2.000 camións cisterna cada ano, e o que iso impactaría nos hábitats do río e da propia poboación que capta auga do río para o seu consumo.

Outro dos puntos que máis preocupan é a contaminación do aire coa produción de cheiros perxudiciais para a saúde, tal como relataba o Médico Neumólogo Evaristo Lombardero nunha das moitas charlas informativas organizadas pola Plataforma, na que partindo de datos científicos e casos reais, a veciñanza puido comprobar os posibles danos á saúde deste tipo de de macroproxectos na saúde das persoas.

A loita acaba de comezar e non imos parar”, afirman dende a Plataforma, que despois do intenso traballo nas alegacións, das moitas charlas e reunións informativas e da histórica manifestación do pasado 9 de maio, xa están organizando novas mobilizacións, actividades de divulgación, reunións institucionais e accións de presión social, legal e política a todos os niveis, confirman.

Ás alegacións presentadas pola Plataforma, sumáronselle numerosas alegacións presentadas tamén por entidades e asociacións locais como Salvemos o Noso, A.C.D. Santa Lucía, A.C. Comisión de Festas de Soandres, A.D.C de Soandres, Asociación de Cazadores de Mantiñán-Soandres.

Comparte éste artículo
No hay comentarios