¿Somos os galegos máis parvos ca os vascos? Por Oscar Poy

Euskadi é un referente industrial en España: A industria xenera en torno ao 30% do PIB vasco. Coma consecuencia lóxica desta potencia industrial, Euskadi ten as pensións máis altas de España. Ademais, Euskadi é un referente en protección medioambiental, algo no que ten moito que ver a aplicación das normativas medioambientais da UE.

Galicia non é un referente industrial. Os discursos sobor da necesidade de industrializar Galicia son habituais, manidos. Galicia ten, despois de Extremadura, as pensións máis baixas: De media, un pensionista vasco percibirá máis de 500 euros mensuais por riba do que percibe un galego. Pode que alguén tente negar a evidencia, pero o certo é que calquera que coñeza a algún xubilado de As Pontes ou de Alcoa sabe que a industria inflúe no que cobras de pensión e, tamén, no que cobras mentres traballas e, consecuentemente, do que xemeras no teu entorno.

Sobor da protección medioambiental, en Galicia son de aplicación as mesmas normativas medioambientais da UE ca en Euskadi e dificilmente se pode soster que a lexislación autonómica galega en materia de protección medioambiental é papel mollado en comparación coa vasca, (agás o habitual en certos discursos nos que os feitos non teñen cabida).


Por iso fágome esta pregunta: Somos os galegos máis parvos ca os vascos (ou os cataláns)? Soamente prantexalo pode parecer ofensivo, pero o certo é que, en Galicia, abunda o que está a padecer un autoodio tan absurdo que o leva a pensar que si, que efectivamente, os galegos non somos ben de todo, especialmente na comparación cos vascos: Os vascos poden ter industria e coidar do medio ambiente, pero para esta xente, os galegos non estamos igual de capacitados e, polo feito de ser galegos, temos que decidir se temos industria ou se protexemos o medio ambiente, porque as dúas cousas non as podemos facer con éxito.

Da o mesmo o tema do que se este a falar: Inditex, FINSA, AP-9, Alcoa, Altri… pero tamén unha pranta embotelladora de auga nos Ancares, a enerxía eólica, (outro tema no que os vascos están a tirar para adiante, tamén na eólica mariña) ou calquer outra iniciativa empresarial e industrial… os do non a todo sempre din que non, que os galegos non podemos ter industria e coidar do medio ambiente, que nos somos inferiores, que non chegamos ás altas cotas de evolución dos vascos (ou dos cataláns).

Ese complexo, ese autoodio, non pode ser un lastre para o presente e o futuro de Galicia.

Por moito que a franquicia local de Bildu insista en elo, non existe absolutamente ningunha deficiencia nos galegos que deba limitar o noso desenrolo ou nos coloque na dicotomía “Industria ou medio ambiente”: Podemos e debemos facer as doias cousas. Non coma vascos, senón coma galegos.

Quizais, iso si, para poder avanzar tanto na precisa industrialización, na competitividade, nos salarios, nas pensións e na protección do medio ambiente, talvez sexa mester lembrar a advertencia que facía Vicente Risco no seu libro “Teoría do Nacionalismo Galego”, contra dos falsos galeguistas, (os “euskaldunizantes”), e comezar a defender, perante os descursos de autoodio, que Galicia pode e debe avanzar e progresar pois, talvez, non sexamos máis listos ca ninguén (está por ver), pero dende logo, non somos máis parvos ca ninguén.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios