SGHN: “Non é o momento para limpar de vexetación na Ponte Vella de Ourense”

Segundo novas de prensa publicadas hoxe, «a Xunta de Galicia ven de pedir autorización á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para levar a cabo traballos de limpeza de vexetación na ponte romana de Ourense».

Na Ponte Vella (ou «Ponte romana») de Ourense existe unha importante colonia de cría de cirrio común (Apus apus), que aproveita as fendas entre as pedras. A chegada dos cirrios comúns é inminente, polo que nos vindeiros días comezará a ocuparse a colonia de cría – que non se baleirará ata a última semana de xullo ou a primeira de agosto- polo que calquera traballo de limpeza da vexetación suporía unha interferencia nun periodo crítico para a reprodución da especie.

Posto que «a destrución, dano, recolección e retención dos seus nidos, das súas crías ou dos seus ovos» das especies autóctonas silvestres está prohibida polo Artigo 54.5 da «Ley 42/2007, de 13 de decembro, do Patrimonio Natural e a Biodiversidade», SGHN ven de dirixirse á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil  e á Xefatura Territorial en Ourense da Consellería de Medio Ambiente para solicitarlles que non se autorice a «limpeza de vexetación na ponte romana de Ourense» no periodo comprendido alomenos entre o 1 de abril e o 10 de agosto.

Comparte éste artículo
No hay comentarios