Amigas das Árbores: Non hai pior cego co que non quere ver

Son moitos os artigos, moitas as ideas, moitas as propostas… mais de nada sirven se os responsables políticos nin escoitan, nin admiten a máis mínima suxestión.
Unhas 140.000 hectáreas arrasadas, a maior parte na provincia de Ourense. Unhas 120.000 hectáreas calcinadas só no conxunto na bacia Miño-Sil. Seis dos grandes incendios, do noroeste peninsular, estragaron o corredor ecolóxico que comunicaba a cordilleira Cantábrica con Galicia e norte de Portugal (Asturies, León, Zamora, Lugo, Ourense e norte de Portugal xunguidos polas cinzas).

Xa que as súas señorías non consideran axeitado crear unha «Comisión de Investigación no Parlamento galego» alomenos quen goberna debe convocar URXENTEMENTE os órganos de participación pública que se crearon en cumprimento da lexislación.
URXE convocar o Consello Galego de Medio Ambiente e o Consello Forestal de Galicia na que nos expliquen

  • Que é o que pasou neste verán, como é posible que os incendios calcinaran tanta superficie.
  • Que medidas se van tomar para recuperar e rexenerar as zonas afectadas. Como se coordinarán as actuacións co resto dos territorios afectados, co Estado, coa Unión Europea…
  • Cales son os plans de futuro previstos en canto a política forestal, de prevención de incendios, biodiversidade, espazos naturais…
    URXEN medidas que eviten a erosión, os arrastres de terra e cinzas «chapapote do monte» do contrario os efectos nos ecosistemas acuáticos van ser…
    A nosa memoria é moi feble!!! Que o tempo e as choivas, desta vez, non nos fagan esquecer o que aconteceu, o que aínda está acontecendo.
    «Cos lumes e coas guerras até as pedras choran!!!»
Comparte éste artículo
No hay comentarios