Previa da Xornada Sur da Liga de Deporte Base de Loitas Olímpicas

Este sábado terá lugar no pavillón municipla de Teis, en Vigo, a XORNADA SUR DA LIGA DE DEPORTE BASE DE LOITAS OLÍMPICAS.

Nesta competición participarán un total de 8 Clubs con preto de 250 deportistas. A competición levarase a cabo sobre 4 tapices de loita, para axilizar os combates por equipos. A competición está coorganizada polo Club San Ignacio de Vigo.

Esta competición por equipos mixtos, cada ano atrae a mais deportistas e mais familias, amosando o bo traballo dos clubs na promoción do deporte base.

Todos os afeccionados poderán disfrutar de esta competición en horario de 10:30 a 12:30 horas.

Os Clubs participantes serán:

  • Club de Loitas Olímpicas San Ignacio, Club de Loita El Castro, Club de Loita Kuzushi, Club de Loita Ciudad de Vigo, Club de Loita Pontevedra, Club A Cambadela de A Estrada, Club Sport Times de Crecente e Club Graiño de A Coruña.
Comparte éste artículo
No hay comentarios