PSOE provincia de Lugo: Semana decisiva con Iván Castro gañando pulso a José Tomé

A carreira pola dirección provincial do PSOE de Lugo entra na súa recta final, con José Tomé e Iván Castro como principais contendentes. A medida que se achega o momento decisivo, a posibilidade de que Castro se faga co liderado provincial cobra forza.

División territorial e apoios clave:

  • Zona Sur: Tomé conta co apoio unánime en Monforte, pero enfronta oposición nas agrupacións de Escairón, Chantada, Carballedo, Bóveda e Ribas de Sil. Aínda conserva apoios en Brollón e Quiroga.
  • Comarca de Sarria: Iván Castro é o claro favorito, mentres que Pablo Rivera, do equipo de Tomé, ten dificultades para mobilizar apoios.
  • Cidade de Lugo: A cidade está máis dividida do esperado, con sectores históricos que apoian a Castro, queren unha renovación en Lugo pensando nas eleccións do 2027.
  • Terra Chá: Vilalba apoia a Tomé, pero o resto de agrupacións son pequenas e con pouca actividade. Guitiriz, liderada por Marisol Morandeira, apoia plenamente a Castro.
  • A Mariña: Os alcaldes de Foz e Burela adoptan unha postura ambigua para maximizar os seus beneficios post-eleccións. Fran Cajoto, alcalde de Foz, podería estar buscando alternativas para non repetir candidatura en 2027.

Unha disputa axustada

A diferenza de votos podería ser de entre 100 e 150. Os movementos desta semana serán cruciais. Miguel Fernández, estalle collendo gusto ao poder municipal, quere seguir no 27, por iso sopesa a quen dar darlle o seu apoio, xoga a dúas bandas. Na conversa que mantivo con Tomé, o presidente da Deputación ofreceulle diñeiro para investir na cidade nestes dous anos. A clave pode estar no dispendio economizo da Deputación, xogará un papel decisivo en algunhas agrupacións.

Dous proxectos contrapostos:

Iván Castro aposta pola renovación do PSOE lucense, impulsando novas figuras. Tomé, pola súa banda, representa a continuidade e o apego ao poder, o que podería xerar un cisma no partido. Esta división interna prexudicaría as perspectivas electorais dos socialistas, que deberían centrarse en unir forzas e consolidar o partido na provincia. Besteiro e Lara Méndez parece que se puxeron de perfil, aínda que os seus muxidores andan tocando a gaita aquí e acolá.

Gañe quen gañe, terá que contar coas forzas do «perdedor» que pode sr incluso o gañados da contenda.

Comparte éste artículo
No hay comentarios