O camping situado na Praia de Lago terá programación cultural todas as fins de semana de maio.
O Camping Lago-Mar segue a traballar na súa aposta por ser un espazo cultural no corazón da Costa da Morte, e ten preparado unha ampla programación para o mes de maio Concertos, citas gastronómicas e actividades na natureza conforman a proposta do camping para o mes.
Ademais, en maio celebrarase o I Concurso de Monólogos LagoMar, que terá tres fases o 9, 16 e 23 de maio, con distintos premios.
O Camping Lago-Mar é un espazo xestionado po Horta Creativa, unha cooperativa cultural muxiá que traballa para que o camping sexa un lugar
agradable onde descansar e gozar da contorna da zona, pero tamén un punto de encontro para a cultura da comarca, acollendo a creadores e
artistas, e ofrecendo opcións culturais para todos os hóspedes, visitantes e habitantes dos arredores.
Por iso, o camping ofrece aloxamentos nunha localización privilexiada para explorar, gozar e relaxarse, pero, ademais, é un espazo cultural
vibrante, onde teñen cabida a música e as artes, cunha unha ampla e diversa programación cultural que se actualiza mes a mes.
O Camping Lago-Mar abriu as súas portas de novo o pasado 12 de abril e xa se poden facer reservas nas súas instalacións a través da súa web: https://www.campinglagomar.es Programación de maio no Camping Lago-Mar:
Maio chega cunha grande programación no Camping Lago-Mar, con actividades para todas as fins de semana do mes. A programación comezará o festivo do 1 de maio cunha Foliada máis Cocido. A partir das 13:00 horas estarán no campingDo Rivés e Nin Chica Nin Patacón, e a partir das 14:30 horas haberá foliada libre.
O 2 de maio poderase vivir o microteatro de Gizen, con Con Javi Tink, Lexi Fraga e Aarón Quintela. Interpretarán dúas pezas: Coalición a domicilio e ParaSempre.
E o 3 de maio farase unha actividade moi primaveral con Sabores Espontáneos: unha Xornada de Plantas Silvestres Comestibles da Beiramar, onde as e os participantes aprenderán a identificar algunhas destas plantas… e a cociñalas. Esta actividade ten un prezo de 29 euros para adultos/as, e de 12,50 euros para nenos/as (ata os 12 anos), e precisa
inscrición previa no email: info@campinglagomar.es
Os domingos do mes serán especiais porque serán día de brunch. Serán os domingos 4, 11, 18 e 25 de maio. E a músicatamén terá coma sempre o seu espazo protagonista cos concertos de Marinaldo Lyra o 4 de maio; Coídos
o 10 de maio; Luizga o 25 de maio, e Sanny o 31 de maio.
I Concurso de Monólogos LagoMar
Ademais, en maio celebrarase o I Concurso de Monólogos LagoMar. Terá tres fases os 9, 16 e 23 de maio. A inscrición está aberta ata o luns 5 de maio. As bases son as seguintes:
Poderán participar todas aquelas personas interesadas maiores de 18 anos. Para participar haberá que enviar un correo ádirección
hortacreativa@gmail.com cos seguintes datos: nome completo, DNI, dirección postal, idade e teléfono, título do monólogo e copia do texto
co que desea participar.
O monólogo podrá ser tanto en galego como en castelán, cunha duración máxima de 15 minutos, e excluiranse aqueles temas que supoñan fomento da discriminación por motivos de raza, relixión, sexo, etc.
Farase unha selección dun máximo de 8 participantes, cos que a organización se pondrá en contacto para organizar o calendario. A
organización aportará cea, aloxamento e almorzo para as persoas participantes máis a un acompañante por participante.
O calendario será o seguinte: Semifinais: 9 de maio e 16 de maio, con 4 participantes cada día. Final: 23 de maio, coas 4 persoas finalistas. É
obligatorio que as persoas finalistas realicen un monólogo distinto ao das semifinais.
En canto aos premios serán da seguinte forma: Primeiro premio:300€ + Unha fin de semana con aloxamento e pensión completa no Camping LagoMar.
Segundo premio: 200€ + Unha fin de semana con aloxamento e pensión completa no Camping LagoMar.
Terceiro premio: 100€ máis Unha fin de
semana con aloxamento e pensión completa no Camping LagoMar.
Cuatro premio: Unha fin de semana con aloxamento e pensión completa no Camping
LagoMar.
A decisión dos gañadores/as farase con 3 votos do xurado máis 1 voto do público. O xurado estará composto por 3 persoas vinculadas ás artes
escénicas e designadas pola organización.
Pódese consultar información actualizada sobre a programación do Camping Lago-Mar nos seus perfís de Instagram e Facebook: @camping_lagoma