Rolda de prensa de Luis Casimiro, adestrador do Breogán, na Delegación Territorial da Xunta en Lugo

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a rolda de prensa do adestrador do CB Breogán, Luis Casimiro, previa ao partido que o vindeiro sábado disputará fronte ao Joventut de Badalona, e que conta co patrocinio exclusivo da Xunta de Galicia.

Esta colaboración enmárcase no acordo de patrocinio asinado recentemente polo que a Axencia de Turismo de Galicia achega un total de 242.000 euros para impulsar accións promocionais da comunidade nos eventos deportivos nos que participa o club lucense.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios