Noelia P. Fompedriña “Entro no grupo municipal con ganas de aportar ideas para mellorar o meu concello”.
Noelia P. Fompedriña tomou posesión como nova concelleira do BNG de Outeiro de Rei durante o pleno ordinario celebrado este xoves, en substitución de Xosé Ferreiro Fernández quen presentou a súa renuncia por motivos persoais.
Fompedriña, natural da parroquia de Cela, persoa vinculada ao mundo do asociacionismo estréase así nunha corporación na que estará acompañada por Miguel Vieito e Elvira Lombao.
“Representa unha nova xeración comprometida e con ganas de mellorar o futuro de Outeiro de Rei”, expoñen dende o BNG de Outeiro.
“Asumo reto de entrar no grupo municipal con ilusión e con ganas de aportar ideas para conseguir que o concello de Outeiro de Rei sexa un concello mellor” expuxo Noelia.