No mediodía deste sábado, arredor das 13:00 horas, as persoas que se atopaban a realizar compras no Carrefour de Lugo víronse sorprendidas por unha acción de protesta que se desenvolveu no interior do establecemento.
Un grupo de activistas, atendendo ao chamamento do colectivo Lugo por Palestina, bloqueou as colas das caixas de pago con carros de compra cheos de produtos da marca Carrefour, mentres lían un comunicado no que expresaban o seu rexeitamento á cumplicidade desta empresa francesa cos crimes que o rexime colonial sionista está a cometer na Palestina, alentando ás consumidoras e consumidores a iniciar un boicote contra a compañía.
A intervención desenvolveuse de maneira pacífica e chamou a atención tanto da clientela como do persoal do centro, cun comunicado que situaba ante quen alí compraba a dureza do que está a acontecer na Palestina. O despregue da pancarta «Carrefour patrocina o xenocidio en Palestina» foi acompañado de bandeiras e gritos de proclamas alentando ao boicote como estratexia efectiva de loita social.
Esta protesta forma parte das Xornadas galegas de Boicote a Carrefour, con accións coordinadas dende a Rede Galega pola Palestina en 6 vilas galegas, que denuncian a complicidade desta empresa nos seguintes termos:
No 8 de marzo de 2022, o Grupo Carrefour anunciou un novo acordo de franquia coa Electra Consumer Products e a súa filial Yenot Bitan, as dúas con presenza nas colonias ilegais israelitas, o que fai da multinacional francesa cúmplice de crimes de ocupación, colonialismo, apartheid e xenocidio contra o pobo palestino. Ante esta situación, non podemos ceder.
Os boicotes constitúen unha das mellores ferramentas nas nosas maos contra o xenocidio que se está a cometer no territorio palestino. A estratexia de boicotes resultou efectiva xa en varios países, como é o caso da Xordania ou de Omán, onde o Carrefour se viu forzado a abandonar eses territorios debido ao compromiso activo da xente que os habita co movimento BDS.
Do mesmo modo, hai que asinalar que os lucros líquidos do Carrefour en 2024 cairon drasticamente en 50% en comparación cos de 2023. A empresa, como era de esperar, deu todo o tipo de desculpas para xustificar esta enorme queda, mas nós sabemos que a principal causa disto non é outra que a sua cumplicidade co rexime colonial sionista.
Tamén queremos denunciar a detención do compañeiro de nacionalidade tunisina, Mohamed Amine, detido hai varias semanas nun partido de futebol entre Tunes e Malawi por protestar gritando consignas contra a cumplicidade do Carrefour no xenocidio do pobo palestino e retirar en repudio disto unha faixa da marca francesa presente no estadio.
Gostaríamos de asinalar igualmente que o Carrefour non é a única empresa cúmplice do xenocidio que resiste o pobo palestino. Entre outras marcas que o Comité Nacional Palestino do movimento BDS chama a boicotar están a Reebok, a RE/MAX, a AXA, a XBox, a Siemens, a HP, a Dell, o Disney +, a Texaco, a Ahava, a SodaStream, o McDonald’s, o Domino’s Pizza, o Burger King, a Coca-Cola e a Pizza Hut, entre outras, así como todas as mercadorías que leven nas súas etiquetas orixe de Israel.
Non nos deteremos até que a Palestina sexa dona do seu destino do rio ao mar, conseguindo o pobo palestino o pleno direito de autodeterminación.
Demandamos tamén rematar co rexime de apartheid de Israel, o fin da ocupación sionista, o desmantelamento do muro e o direito de retorno do pobo palestino. A voz da Palestina, ouvida ha de ser!
Boicote, boicote, boicote até vencer!
Esta mobilización está inscrita nos eventos previos ás grandes manifestacións que terán lugar nas localidades da Coruña, Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo no 15 de maio en lembranza do comezo da Nakba ou Catástrofe. Esta supuxo o inicio do rexime de apartheid colonial sionista, así como do xenocidio e expulsión de boa parte da xente palestina das súas terra