A Laracha. A Festa-Homenaxe aos nosos maiores celebrarase o día 17 de maio

As persoas interesadas deben anotarse e aboar os 15 euros a partir do luns no Edificio Administrativo da Laracha.

O Concello organiza unha nova edición da Festa Homenaxe aos nosos maiores, evento tradicional na programación municipal en torno ao Día das Letras Galegas. Vaise celebrar o sábado 17 de maio e está dirixida a persoas empadroadas no termo municipal da Laracha maiores de 55 anos, xubiladas ou pensionistas.

Como en anteriores anos, a Festa Homenaxe terá lugar no pavillón polideportivo do IES Agra de Leborís. Ás 13:15 h será a apertura de portas e desde as 13:30 h oficiarase unha misa. A continuación será o xantar cun menú composto por polbo á feira, xarrete con patacas asadas, postres (tarta de améndoa e xeado) e café. O baile da sobremesa estará amenizado coa música en directo do Grupo Ritmo.

Para poder participar requírese de inscrición previa, que deberá formalizarse a partir do luns (28 de abril) e ata o 13 de maio no Edificio Administrativo da Laracha. O prezo por persoa é de 15 euros. 

O Concello organiza cada ano este evento co propósito de facer unha homenaxe ao colectivo ao que vai dirixido, ao mesmo tempo que se lles ofrece unha alternativa de ocio e unha xornada festiva que poderán desfrutar en compañía de familiares, veciños e amigos, reforzando as relacións sociais entre as persoas maiores do municipio.

Comparte éste artículo
No hay comentarios