Lugo Rural Importa apoia á Federación veciñal de Vigo na petición de AP-9 sen peaxes

A federación de asociacións de veciños “Lugo Rural Importa” comparte e apoia o “Manifesto polo malestar e desconfianza dos usuarios da AP-9: Por una Galicia libres de peaxes abusivas”.

Os veciños da provincia de Lugo tamén sofren as consecuencias dunhas peaxes desproporcionadas polo uso dunha infraestrutura imprescindible para as comunicacións norte sur na nosa comunidade. Noutras comunidades o goberno central saíu o recate e no caso dos galegos vémonos abocados a seguir abonando uns importes esaxerados.

Por iso compartimos o contido do manifesto da Federación de Asociacións de Veciños Eduardo Chao de Vigo e sumámonos nas súas peticións e reivindicacións, apoiando o mesmo.

Non pedimos privilexios, senón xustiza. Galicia non pode seguir pagando máis por menos.

Comparte éste artículo
No hay comentarios