PP Lugo: “No servizo de bombeiros hai 9 prazas sen cubrir e a resposta do Alcalde é que levan poucos meses gobernando”

Concelleiros do Grupo Popular visitaron hoxe o Parque Municipal de Bombeiros de Lugo para comprobar a situación real do servizo

No plano organizativo, o Grupo Popular alerta da falta de efectivos e dunha estrutura de mando estable e reforzada para dar cobertura a baixas, vacacións e permisos, imprescindible para garantir a operatividade do servizo. A día de hoxe, o sarxento xefe atópase de baixa médica de longa duración, e só hai un cabo por quenda, polo que cando se atopa de baixa ou permiso,  a estrutura de mando desaparece ou hai que cubrir con outros efectivos dobrando turno.

Neste contexto, criticaron a improvisación do Goberno local, que “reacciona só cando hai control do PP”. Como exemplo, Antonio Ameijide lembrou que “o mesmo día que levamos ao pleno unha pregunta sobre a cobertura da praza de sarxento xefe, o Goberno local informaba nun medio de comunicación o nomeamento provisional de Óscar Freire por tres meses como sarxento xefe. Un parche, non unha solución”, indicou “que por certo, 6 días despois, todavía non tivemos acceso ao decreto que oficialice ese nomeamento anunciado en prensa”. A decisión chega despois de que os demais cabos rexeitasen asumir esta responsabilidade

O que reclamamos dende o Grupo Popular:

  • Revisión urxente da Relación de Postos de Traballo para reforzar a escala de mandos, xerando unha figura adxunta ao sarxento xefe e estudando a posibilidade de duplicar os mandos intermedios
  • Substitución efectiva e estable do sarxento xefe
  • Plan para o reforzo do servizo adiantándose ás baixas que poidan ser previstas, xubilacións e novos destinos dos actuais bombeiros
  • Creación dunha praza de administrativo para levar a cabo tarefas administrativas e burocráticas do servizo
  • Actuacións de mellora e actualización das instalacións, incluíndo medidas inmediatas fronte á lexionela e ao control de pragas.

Situación actual bombeiros

Na actualidade, segundo a relación de postos, o servizo debería contar con 56 efectivos (1 sarxento, 5 cabos e 50 bombeiros). A día de hoxe hai 9 vacantes: o sarxento está de baixa, hai 41 bombeiros en activo, un pode xubilarse xa este mes. Ademais, hai 3 de permisos por paternidade e 10 interinos que poderían deixar Lugo en calquera momento se acceden a praza noutro destino.

A única resposta que recibiron do equipo do alcalde sobre a  situación dos bombeiros foi dicirlles que ‘levamos poucos meses gobernando’, cando levan 26 anos no poder. E sobre a revisión da RPT, anuncian que tardarán aínda tres meses máis. A realidade é que sobran excusas e falta xestión”, conclúe Ameijide

Comparte éste artículo
No hay comentarios