A Deputación da Coruña achegará a Europa o tecido emprendedor coruñés este 15 de maio

Volve a StartUp Europe Week ao Pazo de Arenaza por cuarto ano consecutivo. Un encontro entre persoas emprendedoras que busca fortalecer o emprendemento local achegándoo a Europa.

O xoves 15 de maio volve a StartUp Europe Week ao Pazo de Arenaza. Un encontro entre persoas emprendedoras que busca fortalecer o emprendemento local achegándoo a Europa cun formato innovador como o World Café.

A Deputación da Coruña organiza a sexta edición das súas xornadas aos emprendedores e emprendedoras enmarcada na Startup Europe Week (#SEW25), un acontecemento impulsado pola Comisión Europea para fortalecer o ecosistema emprendedor no ámbito local.

A Startup Europe Week está presente en máis de 300 cidades e 50 países, con máis de 250 organizadores que representan o maior evento de emprendedores rexional do mundo. Durante as edicións pasadas máis de 
200.000 emprendedores atenderon os eventos organizados. A Deputación da Coruña e o Pazo de Arenaza son os responsables de traer este evento á provincia.

Na SEW25, que se celebrará no coworking do Pazo de Arenaza (Oleiros), pertencente á Rede Provincial de Espazos de Traballo e será o vindeiro xoves 15 de maio ás 10:00 horas, xerarase un debate e intercambio de 
boas prácticas entre as persoas asistentes e as persoas promotoras de iniciativas empresariais provinciais e tecnolóxicas, como son:

Aguia Analítica Avanzada, empresa de intelixencia artificial que usa imaxes tomadas por drons para inspeccionar estradas.

YepCode, unha ferramenta de integracións e automatizacións.

Artgonuts, unha app de exploración que permite descubrir os destinos con contido personalizado a través do xeoposicionamento, mapas interactivos e intelixencia artificial.

Cero de costa, marca galega de roupa inspirada na costa do país e feita de forma responsable.

Nun formato innovador de «world café», limitado a 24 persoas, os participantes terán a ocasión de falar e compartir café cos impulsores destas empresas: Juan Pan, co-fundador de Aguia Analítica Avanzada, Marcos Muíño, co-fundador de YepCode, Javier Toral, fundador e CEO de Artgonuts, e Yago Fernández, responsable de marketing e e-commerce de Cero de Costa.

Ademais, contará coa conferencia «Produtividade x10 con IA para lanzar a túa StartUp» de man de Isaac Martín, fundador de ChavetasTech, e coa aportación sobre Innovación na Unión Europea de Isidro Laso, director de áreas de IA, dixital, espazo e mobilidade no European Innovation Council.

As persoas interesadas poden inscribirse rexistrándose na nosa web.

Para máis información deixámosvos nesta ligazón a páxina web da Startup 
Europe Week.

Programa:
9.30 Recepción de participantes

10.00* Presentación da Startup Europe Week e da Rede Provincial de 
Espazos de Traballo a cargo de Juan Diego Pereiro Areán, membro do 
equipo xestor do espazo de coworking do Pazo de Arenaza, fundador do 
espazo de coworking WeKCo e da plataforma WeKAb.com

10.10* Presentación de iniciativas empresariais innovadoras e 
tecnolóxicas postas en marcha na provincia:

Aguia Analítica Avanzada, por Juan Pan, Co-fundador.

YepCode, por Marcos Muíño, Co-fundador.

Artgonuts, por Javier Toral, fundador e CEO.

Cero de costa, por Yago Fernández, responsable de marketing e 
e-commerce.

11.10 World café con emprendedores de éxito da provincia (dinámica de 
networking e intercambio de experiencias e coñecementos).

12.25 Mesa de conclusións do world café.

12.35 Ponencia «Produtividade x10 con IA para lanzar a túa StartUp » a 
cargo de Isaac Martín, fundador de ChavetasTech.

13.30 Conferencia «Innovación na Unión Europea «, con Isidro Laso, 
director de áreas de IA, dixital, espazo e mobilidade no European 
Innovation Council.

13.50 Peche Institucional a cargo de Rosa Ana García, Deputada de 
Industria, Empresa, Medio Ambiente, Emprego e Política Demográfica da 
Deputación da Coruña.

14:00 Networking entre participantes e asistentes.

14:45 Visita polo Pazo de Arenaza.

Comparte éste artículo
No hay comentarios