O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este domingo nunha nova edición da ruta cardiosaudable á beira do río Miñ, acompañado por unha ducia de veciños e veciñas. Rivera uniuse a esta iniciativa anual impulsada pola Federación da Asociación de Veciños de Lugo Lucus Augusti.
O obxectivo principal destas camiñadas é valorizar os espazos verdes que rodean a cidade de Lugo e fomentar hábitos de vida saudables entre a cidadanía. Nesta ocasión, o percorrido tivo o seu punto de partida na emblemática Ponte Romana, situada no barrio lucense de San Lázaro, e discorreu polas fermosas paraxes fluviais do Miño.
Colaboración da Deputación con Lucus Augusti
A Deputación de Lugo mantén un firme compromiso coa Federación Veciñal Lucus Augusti, colaborando activamente en diversas das súas iniciativas máis representativas. Cunha achega anual de 58.000 €, a institución provincial apoia programas como o Día do Veciño, o Día da Árbore e o exitoso programa Entre-veciños, consolidando así a promoción do benestar social e a participación cidadá.