Envellecemento activo: Luis Menor pon en valor as políticas da Deputación como modelo no Congreso de Xeriatría

O presidente provincial, Luis Menor, Visitou hoxe o XXXV Congreso Internacional de Xeriatría e Xerontoloxía que se está desenvolver esta fin de semana en Ourense baixo o lema «Envellecemento, saúde e calidade de vida».

Precisamente, Menor sinalou que o lema escollido entronca coas políticas desenvolvidas pola Deputación en materia de benestar social, calificándoas como «referentes en envellecemento activo e saudable». Precisamente, o presidente provincial explicou ante os participantes neste cónclave internacional as medidas que ten implementadas a institución provincial para o coidado e atención integral das persoas maiores, con novidades constantes como o programa experimental de termalismo contra a deterioración cognitiva leve, que comezará a vindeira semana.

Luis Menor aproveitou tamén para agradecerlle á Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía que escollese Ourense para albergar este congreso internacional, «unha decisión acaída porque somos un territorio cunha contrastada lonxevidade saudable».

Comparte éste artículo
No hay comentarios