Na primavera a natureza sempre nos sorprende coa súa explosión de vida e forza mais nos últimos anos a forte contaminación das augas en cursos de auga de Galicia produce unha floración perigosa e moi preocupante, as cianobacterias «bloom por cianobacterias» PERIGO para a fauna acuática e para os seres humanos.
As imaxes son de onte no encoro limiao das Conchas. Haberá negacionistas que dirán que non é certo. Haberá autoridades que non farán nada. Haberá responsables de servizos públicos que manterán que o estado das augas é «excelente»…
Nós faremos a correspondente denuncia e esixiremos (por énesima vez) que arranxen esta grave contaminación das augas do Río Limia.
Amigas das Árbores: As augas verdes contaminadas do río Limia
No hay comentarios
No hay comentarios