O mini feminino do Santo consegue a medalla de bronce na Estrada

O Coruña Interiores Santo Domingo Betanzos acada o terceiro posto galego da 2a División.

Resultado máis ca satisfactorio para as rapazas do Coruña Interiores Santo Domingo Betanzos que esta fin de semana disputaron as Fases Finais alevíns na Estrada. As minis do Santo Domingo Betanzos, dirixidas por Javier Codesido e Alía Ortega, veñen de conseguir o terceiro posto no campionato galego minibasquet de Segunda División nunha xornada que comezou o sábado, cunha contundente vitoria fronte ao Burela por 48-85 en cuartos e que continuou cun mal partido de semifinais, lastrado polas faltas, fronte ao Colexio Mariano de Vigo o domingo a primeira hora (59-77). Afortunadamente, as betanceiras souberon reporse á derrota e ao complicado horario do seguinte encontro (15.30h) e souberon levar ao rego o seu partido polo terceiro e cuarto posto dando boa conta de Xuven Cambados por 49-29.

Excepcional temporada a destas rapazas que só perderon dous partidos en todo o ano, un deles, nas propias semifinais do campionato galego. Comeza xa a conta atrás da 25/26 para un grupo chamado a dar grandes alegrías ao Santo.

Os júnior e os cadetes pasan a semifinais de Copa e os infantís gañan a ida do cruce

Os júnior e os cadetes de Grelo seguen adiante na Copa Premium e acadan as semifinais tras gañaren, respectivamente, por 55-51 e 88-46 a Maristas. Pola súa parte, os infantís de J.Caamaño Arquitecto sacaron adiante o sábado a ida das semifinais da Copa Xunta de Galicia de Primeira División nun durísimo partido fronte a Seis do Nadal de Coia, por 82- 75, nun cruzamento, totalmente aberto, que se ha dilucidar na volta en Vigo a semanavindeira.

La Goleta, xa ascendido a Segunda, cumpriu o trámite en Moaña fronte a Redeiras (54-60) e acaba invicto a fase.

Comparte éste artículo
No hay comentarios