O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, criticou hoxe que o presidente da Xunta acudise á Conferencia de Presidentes «sen unha soa proposta concreta para Galicia, sen espírito de acordo e coa única intención de cumprir co guión do Partido Popular». “Rueda foi a Barcelona a exercer como delegado de Feijóo, non como presidente dos galegos”, sinalou.
Besteiro lamentou que o máximo responsable da Xunta «renunciase a defender os intereses de Galicia nun espazo pensado para chegar a acordos que beneficien á cidadanía». “É difícil avanzar cando un presidente prefire falar de eleccións anticipadas que de vivenda, sanidade ou financiamento autonómico. A Conferencia de Presidentes non é un mitin do PP, é un espazo institucional que Rueda despreza cada vez que vai”, engadiu.
O PSdeG sinala que o propio Rueda recoñeceu que podía apoiar, “con matices”, a proposta estatal en materia de vivenda. Porén, finalmente decidiu sumarse ao rexeitamento colectivo dos presidentes do PP, impedindo un acordo que podería beneficiar a milleiros de galegos e galegas. “Se un presidente admite que pode estar de acordo cunha medida útil, pero rexéitaa por estratexia de partido, está antepoñendo os intereses do PP aos de Galicia”, advertiu Besteiro.
Sobre o financiamento autonómico, o líder socialista considera que a proposta de forzar un decreto lei sobre as entregas a conta é “un intento de crear un conflito inexistente”. “O Goberno pode facer esa actualización por Consello de Ministros, como xa fixo outras veces. Só busca xerar ruído”, dixo.
O secretario xeral do PSdeG lamentou que Alfonso Rueda desaproveitara unha nova ocasión para poñer os intereses de Galicia por riba da estratexia do seu partido. “Cando outros presidentes autonómicos van a construír, Rueda vai a bloquear. Galicia non pode seguir perdendo oportunidades pola falta de altura política do seu presidente”, rematou Besteiro.
Este sujeto no entiende que ir a «rueda de Rueda» no da votos en Galicia nunca.Alfonso Rueda no desaprovechó nada en esa Conferencia de Presidentes dónde varios de ellos socialistas tampoco han picado en la música del Sr.Sánchez,no sólo Emiliano G.Page.De control de fronteras y de financiación Autonómica ,Sánchez se evadió y la improvisada propuesta de vivienda tampoco sirve para nada.Asi que Sr.G.Besteiro o deja de ir a rueda de Rueda y se ajusta a lo visto o seguirá a «rueda de Rueda «,como siempre.Naie ha ido alli a construir nada y el resultado final da fe que incvluso varios de los presidentes socialistas salieron de allí tan descontentos como Rueda.Actuar a golpe de Decretos Ley y Consejos de Ministros permite ver la debilidad del gobernante Sr.Sánchez que hace lo que quiere a espaldas del Parlamento ,que seguirá saltándo cuando vea que peligra su plan para permanecer atornillado a la presidencia .Vd.le debe mucho a Sánchez pero Galicia no, asi que sea prudente y riguroso en lo que afirma.