A Xunta participa na reunión anual do Padroado da Fundación Feiras e Exposicións de Lugo

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participaron hoxe na reunión anual do Padroado da Fundación Feiras e Exposicións lucense, da que a Xunta é o principal patrono.

Entre os asuntos máis destacados, deuse luz verde ao inicio do proxecto de reforma das instalacións, que está previsto comezar neste exercicio coa renovación dos baños, a mellora da cúpula principal e varias intervencións en materia de seguridade, especialmente no que respecta á prevención de incendios. En futuras fases abordaranse outras melloras como a climatización ou as cubertas, segundo avanzaron. 

Os responsables da Xunta salientaron que o Pazo de Feiras “é un recinto estratéxico para acoller todo tipo de eventos que dan pulo aos sectores económicos da provincia”, un potencial “que se reflicte nas altas cifras de ocupación que rexistra, que van en aumento cada ano”, destacaron.

Comparte éste artículo
No hay comentarios