Rubén Arroxo presenta a sexta edición do Muralleando

20 concertos terán lugar na praza da Mosqueira entre o 04 de xullo e o 06 de setembro.

O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, presentou a sexta edición ciclo de concertos Muralleando, que abrirá a Praza da Mosqueira ás distintas agrupacións musicais de Lugo. En total, 20 agrupacións mostrarán a súa música con concertos gratuítos que terán lugar os venres e sábados, a partir das 20:30, entre o 4 de xullo e o 31 de agosto.

O Tenente Alcalde explicou que «esta sexta edición consolida ao Muralleando como unha das actividades culturais máis importantes para os meses de verán, converténdose no punto de encontro das agrupacións 
locais, mantendo a Muralla como protagonista ao celebrarse na Praza da Mosqueira, un dos espazos máis importantes na programación cultural ao longo do ano».

Rubén Arroxo lembrou que «os concertos do Muralleando apareceron xusto despois do confinamento, no ano 2020, co obxectivo de animar con música os distintos paseos das veciñas e veciños ao redor da Ronda da Muralla e ao mesmo tempo colaborando co tecido cultural local, que vira anulados moitos eventos». Arroxo destacou que a praza da Mosqueira «permite organizar actividades culturais e de ocio respectando a visión da gran concentración de patrimonio que hai nesta zona», en referencia á propia Mosqueira e ao edificio racionalista do arquitecto Eloy Maquieira.

Programa Muralleando 2025

XULLO
DATA    GRUPO
4       A VOLTA DO AGRO
5       DIEGO FLÂNEUR E UNDER
11      MINTONS JAZZ
12      UNA MESA PARA DOS
18      BANDA FILHARMÓNICA
19      LORA HACE PAM E OS EMÉRITOS
25      CANTIGAS E FRORES
26      FRAN ZELOP

AGOSTO
DATA    GRUPO
1       DZETA , GARRI , JOTAM , ZAWAR
2       BRANCA VILLARES E PABLO PINTOR
8       LOS HIJOS DE LA VECINA
9       MILESIOS
15      PHYSICAL GRAFFITI
16      VERTER GZ
22      FUNÁMBOLA E OS CEOS QUEBRADIZOS
23      PUNK’ON KEIXO
29      MUSTÉLIDOS
30      CHEMICAL ADICCTS E CIRCUNCISIÓN TOTAL

SETEMBRO
DATA    GRUPO
5       KT, LIDIA LCHAO, SHERA, SILE
6       LOS JOROBADOS DEL MIÑO

Comparte éste artículo
No hay comentarios