Rufián. Por @DulceCorcu

Tan odiado como admirado, pero sempre libre para dicir o que moitos pensan pero, ou ben non se atreven, ou teñen as mans atadas por iso do: «e ti máis». Coa tranquilidade que dá representar a un partido político (ERC) sen casos de corrupción coma o seu, desde a tribuna parlamentaria fustiga sen piedade a quen se adica únicamente ao exabrupto, demagoxia e linguaxe burda para adeptos á causa.

O seu «cállense» onte á obscena bancada da dereita, aínda resoa no Hemiciclo. E representa nunha soa palabra o respecto que leva gañado ao longo de intervencións que despois son espalladas con notable eco nas redes sociais. A capacidade de chamar ás cousas polo seu nome, de prescindir de retóricas nin ínfulas intelectuais, fan de Gabriel Rufián quizais o parlamentario de moda. O que agrada mesmo a quen nunca o votaría, pero consciente do poder e claridade da súa oratoria. Orgulloso independentista que non se sinte nin moito menos insultado cando son lembradas as súas orixes emigrantes de pobos andaluces. Tampouco avergonzado, que é o que pretenden aqueles que fan fincapé en que vén da España da que pretende independizarse. Non o conseguen e por iso é perseguido e vilipendiado neses medios «amigos» que subsisten facendo propaganda ben remunerada por ese politiqueo frustrado e capaz de todo con tal de alcanzar o poder. Non soe deixarse intimidar, tampouco cando o abordan polas rúas pseudoxornalistas do fascismo. Rufián é impermeable á bronca descerebrada e inútil, esa ca que só podes perder porque nada hai que tratar con ela. Indolente no atril, xirándose burlona ou dramáticamente cara as súas señorías, segundo toque, falando sen papel diante porque o seu descurso está dentro, interiorizado nunhas conviccións que, cada vez máis xente, aplaude e respecta. Pese a quen pese. 

Comparte éste artículo
No hay comentarios